O festival de poesía Kerouac espállase por varios puntos da cidade na súa 15ª edición
O Festival Kerouac, que se celebra do 15 ao 18 de outubro, abre este mércores no Auditorio Municipal cunha experiencia única que mestura IA, música electrónica e poesía para presentar El Poeta vs. la Máquina, o novo proxecto do poeta e codirector do festival Marcos de la Fuente. O evento continuará ata o sábado con concertos, proxeccións e recitais en varios lugares da cidade. Consulta toda a programación premendo aquí.

A 15ª edición do festival que conecta Vigo e Nova York a través da poesía abre hoxe, mércores 15 as 19:30 h no Auditorio do Concello, coa presentación de El Poeta vs. la Máquina, o libro creado a oito mans por catro artistas vigueses: Ismael Faro, Mariel Martínez, Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente. “Ismael creou con toda a miña data, os meus poemas e escritos, un xemelgo dixital meu. O que fixemos foi alimentar a máquina cos meus textos e, a partir deles, a máquina creou unhas ilustracións que son as que incluímos no libro acompañando os poemas”, explicaba Marcos nesta entrevista recente coa Movida. O evento de hoxe é unha performance multimedia con IA, música electrónica e recitacións en galego, inglés e castelán.
Ademáis de lírica e música, o festival conta tamén cunha cita nos Multicines Norte o xoves 16, coa primeira proxección de Salt & Dean: tras los pasos de Keroauc trala súa presentación no MAFIZ (Zona de la Industria Cinematográfica de Málaga). O filme documental pon a Jimmy Barnatán e Mike Inverno no mesmo camiño das personaxes da novela On the road de Jack Kerouac, para facer un retrato da sociedade estadounidense actual. Trala proxección o produtor Jordi Carbonell e a codirectora Rosa García participarán nun coloquio para os asistentes. As entradas pódense mercar no propio cine por 5€.

Kerouac continúa o venres 17 ás 19:30 h no exterior de El Corte Inglés, nunha sesión protagonizada por Najla Shami, Malvares, Verdeoir e Nueva Tragedia. O festival remata o sábado 18 con música e poesía no MARCO, esta vez con entrada de 10 € para ver a La Sole e El Hombre Viento, Annalisa Marí como Lenore Kendel e a Alberto Avendaño xunto a Manolo Romón presentando Molotov.
PROGRAMA:
Mércores 15 Outubro
Auditorio Concello de Vigo. 19:30 a 21:00h
Presentación “El Poeta vs. La Máquina”
Performance multimedia e presentación do libro de Editorial Elvira
Firma de libros polo autor
Entrada Libre ata completar aforo
Xoves 16 Outubro
Multicines Norte. 19:30 a 21:00h
Proxección Road Movie “Sal & Dean: tras los pasos de Kerouac”
Charla coloquio coa directora Rosa García e o productor Jordi Carbonell
Entrada 5€. Pódese mercar na taquilla do cine
Vernes 17 de Outubro
El Corte Inglés. Marquesina Gran Vía. 19:30 a 21:30h
Concertos de: Najla Shami, Malvares, Verdeoir e Nueva Tragedia
Presentado por Marcos de la Fuente
Asistencia libre. Haberá cadeiras para sentarse
Sábado 18 Outubro
Museo MARCO Vigo. Auditorio. 19:30 a 21:30h
Concertos de:
– La Sole e El Hombre Viento
– Annalisa Marí como Lenore Kendel
– Alberto Avendaño e Manolo Romón presentando Molotov
– Olalla Cociña
Entrada 10€. En taquilla no museo ou eventbrite.com



