O Faneco, lume, música e natureza
Comida á grella, música en directo e un entorno natural fan do Faneco unha das propostas máis atractivas para o lecer e a gastronomía na contorna de Vigo. Aberto desde 2022 no parque forestal de Beade, acaba de abrir unha nova terraza e conta con programación cultural durante todo o verán.

O restaurante asador O Faneco abriu as súas portas en xullo de 2022 no parque forestal de Beade, un espazo verde e arborado perfecto para o lecer, con rutas de sendeirismo, parque infantil e campo de fútbol. Ubaldo Méndez, coñecido na cidade por rexentar durante case unha década un animado bar de copas na Rúa Real co esmo nome, trasladou a súa esencia a este novo proxecto. O Faneco conserva do anterior o ambiente enxebre e popular e mantén o seu espírito festivo. Conta cun amplo salón interior e tres terrazas para gozar da comida inmersos na contorna forestal.


No corazón da súa cociña está o lume: o seu punto forte son as preparacións á brasa, de onde saen pratos de churrasco e tenreira galega e tamén peixes e verduras. Ubaldo explica que instalaron unha grella con tres espazos diferenciados nos que poden preparar diferentes produtos sen interferencias de sabor, para garantir que a carne non sexa a única protagonista. Este sistema permítelles adaptar a oferta a públicos variados, incluíndo opcións para vexetarianos ou persoas que prefiren pratos máis lixeiros. De entrantes ofrecen tapas tradicionais para compartir, como tortilla, pementos ou luras, ademais de ensaladas e sobremesas. O seu menú do día, dispoñible de martes a venres, atrae moita veciñanza da contorna ao mediodía.
No mes de xuño deu un paso máis ao inaugurar unha nova terraza, bautizada como Veija Chill e deseñada para ofrecer un ambiente máis fresco durante o verán ou relaxarse cunha copa despois da cea. Esta terraza conta con barra propia, mesas á sombra e un escenario onde se organizan concertos de bandas galegas as fins de semana.


Parque forestal de Beade | @ofaneco | 986 69 80 89 | asadorfaneco.com
*Contido patrocinado
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026
- Amigos de la Ópera presenta ‘Don Giovanni’ e outras dez actividades - 29 Maio, 2026
- ‘Oasis’, ‘Punto Nemo’ e ‘Ágata y Lola’ encabezan a programación do Festival de Series Ría de Vigo - 27 Maio, 2026



