O evento Sublime Summit aposta polo turismo premium e sostible

Axencias de viaxes de luxo, medios de comunicación e influencers poñen o broche final a un evento que busca anticipar os desafíos para acadar un perfil de viaxeiro que priorice o alto valor engadido.

Sublime Summit reflexiona, desde Baiona, sobre como posicionarse no turismo premium. Un grupo de profesionais do sector, chegados de diferentes puntos da península, anticipa os retos que están por vir nos próximos anos para acadar, en Galicia, un perfil de viaxeiro que priorice o alto valor engadido e a sustentabilidade a través da personalización das viaxes e da preservación da esencia do destino.

MILLO VERDE

Na última xornada do evento, axencias de viaxes, medios de comunicación e influencers asistentes gozaron dunha visita guiada polo Mosteiro de Oia, unha visita á Fortaleza de Monterreal e ao casco histórico de Baiona, onde foron recibidos polo alcalde, Jesús Vázquez Almuiña. A xornada rematou cunha sesión vermú musical da man do sumiller e músico Juanjo Figueroa no hotel Faro Silleiro, onde tamén se celebrou un xantar de despedida.