O documental sobre o actor vigués que compartiu pantalla con Clint Eastwood ou Kirk Douglas precisa axuda

O documental Bar Boo, que conta a descoñecida historia do actor vigués Luis Bar Boo, abríu hai unha semana unha campaña de crowdfunding para conseguir os dereitos duns clips do intérprete que a Televisión de Galicia non quere ceder gratis. Podes colaborar premendo aquí.

BARAFUNDA
Tres persoas con caretas de Bar Boo antes de ver Conan | P. Cermeño

“O home que converteu a Conan nun bárbaro, que morreu dun disparo de Clint Eastwood, que caeu dende o alto dun faro empurrado por Kirk Douglas, que cabalgou xunto a Sean Connery, que retou a Timothy Dalton… e que, aínda así, ninguén coñece”. Así describen os reponsables do filme, os vigueses Josiño Araújo e Míriam P. Álvarez, a Luis Bar Boo, actor secundario vigués que apareceu en numerosos filmes e compartíu pantalla con algúns dos actores máis importantes do momento.

ESCENICAS

Tras dous anos de traballo, o filme xa está rodado na súa totalidade e atópase en período de posprodución. O problema chegou cando a Televisión de Galicia, un ente público que se supón que debería axudar a difundir o patrimonio audiovisual galego, non lles facilitou o acceso gratuíto a uns clips nos que sae Bar Boo e que o equipo entende como “fundamentais” para finalizar o documental. A TVG pídelles 1600 € pola cesión dos dereitos duns fragmentos que non acadan o minuto de duración.

Míriam e Josiño, con Bar Boo en pantalla, presentando o proxecto no GFFF | P. Cermeño

Por iso puxeron en marcha unha campaña de crowdfunding, para poder “rematar o filme por todo o alto” e  homenaxear como se merece ao camaleónico actor, falecido en 2001. Polo momento avanza a bo ritmo, con case un 75% da cantidade final recadada. Podes colaborar e consultar as recompensas premendo aquí.

The following two tabs change content below.