REVISTA VERAN

O DJ francés David Guetta volve a Galicia para poñer patas arriba o Gozo Festival

Un dos pratos fortes desta edición do Gozo Festival, o ciclo de concertos internacionais que teñen lugar en diferentes puntos de Galicia, é a noite dedicada á electrónica que encabeza o DJ francés David Guetta. O seu espectáculo, e o do resto de artistas convidados, será o domingo 6 de xullo no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Podes mercar a túa entrada premendo aquí.

David Guetta | Cedida

Hai dous anos o DJ David Guetta subía ao escenario do auditorio vigués de Castrelos, que mostrou unha afluencia posiblemente nunca antes vista: as cifras policiais falaban de entre 80.000 e 100.000 persoas. Quen non estivese presente nesa xornada histórica, ou quedara con ganas de repetir, ten unha nova oportunidade de ver ao produtor francés en directo o domingo 6 de xullo no Monte do Gozo, Santiago, dentro do Gozo Festival BBF.

O Gozo Festival é un ciclo de concertos de artistas internacionais que se celebra en diferentes espazos de Galicia. Este ano, por exemplo, actuaron ou actuarán baixo o seu paraugas nomes como Lenny Kravitz, Anastacia, Bright Eyes, Lionel Ritchie ou Alanis Morissette. Nas anteriores edicións a organización reserva dúas grandes datas no Monte do Gozo, unha de música pop (Robbie Williams, Ed Sheeran e, este ano, Maná) e outra de electrónica. Será nesta segunda onde actúen Guetta e unha serie de artistas convidados: Mathame, Tini Gessler, Abel, Groove Amigos, Jorel Toro e JOYSE.

DJ, produtor e artista, David Guetta é un pioneiro musical e unha icona internacional. Actualmente é o artista número 12 máis escoitado en Spotify a nivel global, con 2 Grammys, 13 nomeamentos ao Grammy, máis de 40 mil millóns de reproducións globais, 50 millóns de discos vendidos en todo o mundo e máis de 70 millóns de oíntes mensuais en Spotify. O DJ francés titulado o mellor DJ do mundo na clasificación ‘Top 100’ de DJ Mag catro veces, colaborou coas maiores estrelas do mundo, incluíndo a SIA, Nicki Minaj, Rihanna, Justin Bieber, Black Eyed Peas, Shakira, Ariana Grande, OneRepublic, Kid Cudi, J Balvin, Becky Hill, RAYE e moitos máis. Mentres segue dominando as listas globais e ofrecendo algúns dos sets máis emocionantes da súa carreira, David Guetta non deixa de ampliar a súa visión creativa, explorar novos sons e evolucionar como artista. Unha e outra vez, demostra por que é o artista electrónico máis admirado da nosa xeración.

PL1 FRONT STAGE 100€ + 13,50€ gastos
PL2 GENERAL PROMO 1 40€ + 5,50€ gastos* – ESGOTADO
PL2 GENERAL PROMO 2 45€ + 6,50€ gastos*
PL2 GENERAL PROMO 3 55€ + 7,50€ gastos*
PL2 GENERAL PREZO FINAL 70€ + 9,50€ gastos
PREMIUM PACKAGE FRONT STAGE 202€ + 27€ gastos
PREMIUM PACKAGE PISTA 157€ + 21€ gastos

RIO VERBENA

* Dispoñible ata esgotar cupo