O congreso Gastro Movida evoluciona na IV edición a un formato itinerante

O Congreso Gastro Movida evoluciona na súa IV edición a un formato itinerante Fam Trip para “mostrar ao mundo o potencial turístico e gastronómico” de Vigo e a súa área. Máis de 25 prescriptores de España e Portugal, entre turoperadores e influencers, percorrerán Vigo, Valmiñor e Arousa os días 5 e 6 de novembro nun evento centrado no Camiño de Santiago.

O congreso Gastro Movida celebrarase os días 5 e 6 de novembro na súa IV edición, adoptando un novo formato itinerante denominado fam trip. Este cambio busca “mostrar ao mundo o potencial turístico e gastronómico” de Vigo e a súa área de influencia, poñendo un foco especial no Camiño de Santiago. Máis de 25 prescriptores de España e Portugal, incluíndo turoperadores, axencias, medios de comunicación e influencers, daranse cita neste evento “referencia” da industria. Os participantes percorrerán Vigo, Baiona e Cambados, abrangundo a área de Valmiñor e Arousa.

A inauguración do evento terá lugar o día 5, de 9:30 a 10:30h, no Real Club Náutico de Vigo. A sesión de apertura estará aberta á hostalería, axencias, e ao tecido asociativo e empresarial dos ámbitos turístico, gastronómico e alimentario. Alí realizaranse dúas mesas redondas destinadas a reivindicar o turismo gastronómico, o Camiño de Santiago e Vigo como destino. Posteriormente, un autobús trasladará aos prescriptores, quen “vivirán diferentes experiencias para poder amplificar e contar o que nós temos e facemos neste lado do mundo”, segundo David Suárez, CEO de Diesemm e organizador do evento.

Suárez destacou que Gastro Movida se converteu “nun proxecto de identidade e territorio, nunha oportunidade de facer marca Vigo e ofrecer un altofalante para xerar un movemento económico na nosa área de influencia“. A intención é mostrar o bo traballo de “hoteis, restaurantes, produtores, cadea alimentaria,” xunto coas “marabillas e diferenciais” da zona, incluíndo a cultura, o Camiño de Santiago pola Costa e as Illas Cíes.

REVISTA NOVEMBRO

O programa da IV edición é amplo e inclúe, ademais de visitas guiadas experienciales polos concellos, diversas catas, showcookings e talleres. Os prescriptores visitarán a Bodega Martín Códax, o Castelo de Monterreal, e o Faro Grande e o Faro Pequeno.