O Circo de Nadal regresa a Vigo con Viaxe a Polaris
O Circo de Nadal regresa un ano máis a Vigo cunha nova superprodución: Viaxe a Polaris. As entradas están dispoñibles desde 9,60 € en ticketrona.


O espectáculo, que se instalará na Avenida Castelao, en Coia, combina números clásicos de circo con elementos teatrais, música en directo e unha posta en escena de gran formato. A sinopse de Viaxe a Polaris, o espectáculo deste ano está centrada na busca da luz e na recuperación da esperanza e busca conectar co público a través da fantasía e dos valores tradicionais do Nadal.
A historia xira arredor de Joana, unha nena que emprende unha viaxe ao Reino de Polaris para recuperar a luz da estrela polar, roubada por forzas descoñecidas. Ao longo da aventura, a protagonista contará coa axuda de elfos, fadas e bonecos de neve, nun percorrido que combina acrobacias, humor e escenas .
A produción mestura os números tradicionais de pallasos, malabaristas e acrobacias aéreas con recursos escénicos propios máis contemporáneas. Teatro, danza e música en directo intégranse nunha proposta que destaca pola coidada iluminación, o deseño de son, o vestiario e unha escenografía que pretende envolver o público nun universo invernal e luminoso.
As entradas están xa dispoñibles, cunha promoción activa ata o 28 de novembro que ofrece un desconto do 20%. Os menores de 24 meses non pagan entrada, sempre que non ocupen asento. Viaxe a Polaris estará instalado na Avenida de Castelao do 29 de novembro ao 11 de xaneiro nos seguintes horarios:




