O Centro Comercial Camelias presenta unha axenda de abril cargada de actividades e sorteos para toda a familia
O espazo vigués aposta este mes polas charlas formativas, o lecer infantil e unha promoción especial con premios directos para celebrar o Día da Nai.

O Centro Comercial Camelias, situado no corazón das Travesas, reafirma o seu compromiso coa vida de barrio e as familias viguesas. Este centro, un dos máis emblemáticos da cidade pola súa proximidade e oferta especializada, continúa a renovarse como un punto de encontro onde a cultura, o comercio local e os servizos para a comunidade conviven nun espazo cómodo e accesible. Ademais da súa variada oferta de tendas e lecer, Camelias destaca pola súa implicación en causas sociais e formativas, converténdose nun referente para o público familiar.

Como parte deste compromiso coa dinamización cultural, en abril o centro comercial ofrece varias actividades. A primeira o venres 10 é un contacontos a cargo de Lidia Ana Pérez Sánchez. Unha actividade gratuíta pensada para os máis pequenos, onde poderán deixar voar a súa imaxinación e desfrutar dunha tarde de historias en familia. Este conto trata a diversidade visual, explicando en que consiste o braille para que os máis pequenos comprendan os diversos xeitos que temos, como seres humanos, de comprender o mundo. Ao día seguinte, dentro do ciclo ‘Creciendo Juntos’, Ana Pedreira Verdía, especialista de Nutriendo Cuerpos Felices, imparte a charla ‘Que facer cando o teu peque rexeita a comida. Abordaxe da selectividade alimentaria’, no que se ofrecerán claves prácticas para axudar ás familias a xestionar este tipo de situacións cotiás.
Finalmente, Camelias prepara unha gran acción polo Día da Nai entre o 22 e o 29 de abril. Todas as persoas que realicen compras superiores a 15,00 € poderán participar nun sorteo depositando o seu ticket na urna da planta baixa. Os premios inclúen vales de ata 50,00 € que se sortearán o xoves 30 de abril. Os gañadores poderán canxear os seus premios nas tendas do centro entre o 30 de abril e o 2 de maio, o momento ideal para atopar o agasallo perfecto.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
- Venres 10 de abril ás 17:00 h, contacontos sobre diversidade visual e braille con Lidia Ana Pérez Sánchez (planta baixa)
- Sábado 11 de abril ás 17:00 h, charla sobre selectividade alimentaria con Ana Pedreira Verdía de ‘Nutriendo Cuerpos Felices’ (ciclo ‘Creciendo Juntos’)
- Sábado 11 de abril de 10:30 h a 16:30 h, evento ‘Vermuteo & Market Vintage’ con sesión DJ e moda en Olivintage e Oli’s Bar, con sesión DJ e prezos especiais en marcas como Levi’s.

