O Centro Comercial Camelias arrinca o curso con multitude de actividades
Os centros comerciais xa non son só espazos onde mercar obxectos e experiencias, senón tamén onde formarse, aprender e divertirse con independencia da idade. Iso é o que propón o Centro Comercial Camelias, que arrinca o mes de setembro cunha programación especialmente deseñada para acompañar as familias na volta á escola, combinando actividades infantís, talleres creativos e charlas educativas.

Entre as novidades desta edición destaca «Creciendo Juntos», un novo ciclo de relatorios gratuítos con persoas expertas en sectores relacionados coa crianza. As primeiras charlas, centradas nas altas capacidades, desenvólvense os días 6 e 20 deste mes da man de Nadia Lamarca. En meses vindeiros numerosos especialistas tratarán temas do máis variados, como o sono infantil, a fisioterapia respiratoria, a alimentación complementaria, a xestión das emocións ou o inicio á lactación.
Ademais, durante todo o mes lévanse a cabo talleres infantís de creatividade, ciencia e lectura para nenas e nenos dentro do programa de volta á escola: un obradoiro para decorar un estoxo con Ciudad Aventura (sábado 6 ás 17:00 h), un taller de arxila con Ciudad Aventura (sábado 13 ás 12:00 h), un contacontos de Daniela Pirata con Arrolos de Nai e un obradoiro de robótica con Imaxina (sábado 20 ás 12:00 h e 17:00 h, respectivamente), así como un taller de marionetas recicladas con Ciudad Aventura (sábado 27 ás 12:00 h). Todas estas actividades realízanse na planta baixa e precisan inscrición previa na web, agás o contacontos.

Continúan tamén os eventos clásicos do Camelias, como a feira de libros e discos de música no primeiro andar ou «La Charlatana», unha actividade gratuíta para practicar inglés cun profesor nativo que ten lugar todos os venres ás 18:00 horas en Mokkafé.
Deste xeito, o Centro Comercial Camelias continúa na senda de ofrecer unha programación cultural e didáctica variada, estable e accesible, para consolidarse como un punto de comercio e ocio local e de proximidade. O trato familiar é o que fideliza unha clientela que valora a interacción persoal e a tranquilidade. Esta experiencia personalizada é, segundo Sandra Rodríguez, a súa actual directora, un dos seus principais puntos fortes fronte a outros complexos de maior tamaño e oferta. Mirando cara ao futuro, o Centro Comercial Camelias atópase inmerso en ambiciosos proxectos de renovación: están previstos un cambio de fachada e unha reforma da praza superior que buscan actualizar a imaxe do centro.
*Todas estas actividades realízanse na planta baixa (agás onde se indique o contario) e precisan inscrición previa na web, agás o contacontos.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Sábado 6 ás 17:00 h, charla sobre altas capacidades con Nadia Lamarca (planta alta)
Sábado 6 ás 17:00 h, obradoiro para decorar un estoxo con Ciudad Aventura
Sábado 13 ás 12:00 h, taller de arxila con Ciudad Aventura
Sábado 20 ás 12:00 h, contacontos de Daniela Pirata con Arrolos de Mai (planta alta)
Sábado 20 ás 17:00 h, charla sobre altas capacidades con Nadia Lamarca
Sábado 20 ás 17:00 h, obradoiro de robótica con Imaxina
Sábado 27 ás 12:00 h, taller de marionetas recicladas con Ciudad Aventura.



