Novidades musicais viguesas para o primeiro trimestre do ano
Comezamos o 2026 cunha chea de novidades musicais locais de proxectos novos e consolidados. Propostas que van do folk ao rock, do pop ao soul e do rap á electrónica.

MANSIÓN
Hai un par de meses vía a luz o primeiro videoclip da banda de pop alternativo Mansión, onde Vigo (esa cidade “de espaldas al mar”) é a protagonista.
MARTA VIDAL
Marta Vidal continúa adiantando os temas que van formar parte do seu álbum debut. Neste caso comparte unha versión en directo nos estudios Bea Besada do tema ‘Podría ser peor’ de La Casa Azul, ao que lle imprime o seu estilo persoal.
FILLAS DE CASSANDRA
‘Saír a fresca’ é o primeiro sinxelo do segundo disco de Fillas de Cassandra, Tertulia. O videoclip está gravado na parada do Vitrasa da rúa Eduardo Cabello, en Bouzas.
ABRIL
Abril publicou o pasado 20 de febreiro ‘Nas horas avelaíñas’, o primeiro sinxelo do seu álbum debut, que se publicará esta primavera.
SONDESEU
Para culminar a campaña na que o Celta lle preguntaba a Madonna pola icónica camiseta que vestiu no seu concerto en Balaídos décadas atrás, a orquestra folk Sondeseu interpretou xusto antes do partido contra o Real Madrid un dos clásicos da estadounidense: ‘Like a Prayer’.
BLOW UPS FT. OSCAR AVENDAÑO
Xuventude e veteranía unen forzas neste ‘Salud y pesetas’, o novo tema do trío de rock The Blow Up’s coa colaboración de Oscar Avendaño.
REBELIOM DO INFRAMUNDO
O pasado 26 de febreiro publicouse Orgulho, quinto álbum da banda de rap formada por Nervo, Malvares, Frank Huxley, Busto e DJ Pol.
MUNDO PRESTIGIO + MARIAGREP
Tras ter colaborado xuntos no pasado, este mes de febreiro volveu o tándem mariagrep e Mundo Prestigio con dous temas: ‘Voy a pensar en ti’ y ‘Ai de mí’.
ABRIGO
Tres anos despois do seu EP debut, o proxecto vigués de música electrónica abrigo publica o seu segundo disco, the things we do for love.
CARLA LOURDES
A cantautora de Ponferrada, residente en Vigo desde hai anos, revisita o seu tema ‘Equilibrio’ en formato acústico.
VIMBIO
A banda de rap metal capitaneada por Álex Arnoso (ex SonDaRúa) publica o seu primeiro álbum, Comeza o xogo. ‘Pajitas de bambú’ é un dos temas que podemos atopar no disco.
LAURA JORDÁN
‘Leila’ é un dos primeiros adiantos do novo disco da cantante viguesa Laura Jordán.
O CAIMÁN DO RÍO TEA
“YES MAMMA” é o segundo video do novo disco Vou pa Portujal dunha das bandas máis represantativas do rock bravú dos noventa. A canción está inspirada nunha histórica conversación entre Pitu de Xinzo (Ponteareas) e a súa nai.
ZALOMON GRASS
‘Riders of the Night’ é o primeiro adianto do terceiro disco da banda local de blues rock psicodélico. É un tema inspirado pola onda de violencia que se está a vivir nos Estados Unidos nos últimos meses.
ÁLEX CASSEN
‘La Galia y el Galerna’ é a nova canción do vigués Álex Cassen. Neste tema pop/rock, o artista revive as súas noites de festa en locais míticos do Vigo de 2016.
DIOIVO
O dúo vigués Dioivo lanza o que xa é o seu terceiro álbum de estudio, Que Soe o Trono. Con este novo disco a banda celebra non só dez anos como Dioivo, senón tamén quince anos dende a fundación da súa formación predecesora, Rust in Peace.
FRANCISCO CASTRO
O escritor, editor e músico Francisco Castro publica un adianto do que será o seu segundo disco, Cantos de amor e revolución.
PAULA PUGA
Este 7 de marzo a cantante viguesa Paula Puga publicou o seu primeiro single, ‘7 Veces’, unha canción que nace dun proceso persoal de oito anos e sete tratamentos de fertilidade antes de converterse en nai.
ACORDEIRETA
Tras ‘Loitar cantando’ (2020), o primeiro proxecto do dúo Acordeireta (Saiáns, Vigo), chega ‘Baixo os remendos, nós’, un segundo disco para segundas vidas. Patricia González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea parten do remendo co obxectivo de concibir un álbum distinto e innovador, onde se sitúan, literalmente, debaixo das eivas e dos problemas diarios para coselos co canto e a música. O disco pode escoitarse na plataforma Bandcamp.
IVÁN FERREIRO FT. SOLE GIMÉNEZ
Iván Ferreiro recupera este tema de Los Piratas coa colaboración de Sole Giménez.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- As dúas tendas de discos máis veteranas de Vigo súmanse ao Record Store Day - 16 Abril, 2026
- A biblioteca de Schrödinger: vai ter por fin Teis unha biblioteca ou só unha sala de lectura? - 16 Abril, 2026
- O Festival de Cans acollerá seis estreas na sección Furacáns - 14 Abril, 2026
- Dirty Suc: o ‘Fillo do Mar’ de Vigo prepárase para a súa gran noite - 9 Abril, 2026
- Todo o mes é 25 de abril - 6 Abril, 2026

