REVISTA ABRIL

Nova edición da Marcha en Bicicleta polo Montes de Vigo

Este domingo 8 de xullo a Asociación A Golpe de Pedal celebran a terceira edición da Marcha en Bicicleta polo Montes de Vigo con fin de pasar unha xornada subido á bicicleta, gozar da natureza e recordar o sucedido o ano pasado nos incendios que paralizaron a nosa cidade.

REVISTA ABRIL

Xa estamos en verán e pronto chegará o calor, un dos factores de máis risco para que se produza un indencio. E con este pretexte, a Asociación A Golpe de Pedal en colaboración con Montes de Vigo e o Concello unen forzas para celebrar unha xornada que ademais de festiva servirá para concienciar a importancia de coidar os nosos montes e realizar un acto simbólico en memoria dos incendios de outubro en Vigo e a súa contorna.

A actividade comezará a partir das 10 da mañá coa recollida de dorsais no Parque Forestal de Saiáns e ás 11 arrancará a marcha ciclista. O percorrido consta de dúas partes, a primeira máis sinxela de 6 km (percorrido total de ida e volta) en dirección ao campo de fútbol de Fragoselo, no Parque Forestal de Coruxo. Alí se celebrará un acto de descubrimento dunha placa en memoria do sucedido o ano pasado nos incendios e como proba do agarimo que os usuarios da bicicleta mostran cada día cara a a natureza. A placa se porá nun tronco que os comuneiros de Montes de Vigo buscaron e que emprazarán nun lugar do entorno. Acto seguido volverase cara a o parque forestal e os participantes poden elixir entre varias opcións: os que o desexen poden quedar no parque forestal onde haberá monitores de Montes de Vigo para guiar unha visita cultural polo Castro. E para os máis deportistas, pode continuar enriba da bici e realizar un ruta longa e con máis dificultade de 8 km que subirá ata a antena e realizará un percorrido circular para volver de novo ao Parque Forestal.

Á chegada todos os asistentes poderán gozar dunha churrascada popular que farán os comuneiros de Saiáns. O prezo é de 10 euros.

(GMT+01:00) Parque Forestal de Saiáns