REVISTA ABRIL

O festival Nas Ondas retoma os concertos en outubro

Durante o mes de outubro retómanse os concertos adiados do Nas Ondas 2020 , o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que este ano conmemora o 250 aniversario do nacemento de L.V. Beethoven, un eixo temático destacado.

O pianista Andrés Montenegro

O pasado 10 de febreiro comezaba Nas Ondas 2020A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos concertos non realizados na data prevista inicialmente.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival Nas Ondas sirva tanto para apoiar o sector cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel. A entrada será libre en todos os concertos ata completar o aforo que, debido á COVID-19, estará limitado a 1/3. Tamén se tomaran outras medidas relativas á COVID-19, como control de temperatura, apertura de portas 30 minutos antes dos concertos ou a descarga dos programas de man mediante código QR.

Os concertos que se reprograman neste mes de outubro son os seguintes:

Martes 6 / 20.00 h. Multiplensemble.
Rafael Yebra (saxofóns), Brenda Vidal (piano), David Rodríguez (percusión). Ciclo: EXPLURART.
Múltiple é o sinal de identidade dun colectivo de artistas heteroxéneos que conflúen nunha proposta común en espazos de desenvolvemento, creación e difusión de proxectos comprometidos coa actualidade artística e o momento que estamos a vivir.

Xoves 8 / 20.00 h. Bolboreta.
Ensamble Verxel. Ciclo: EXPLURART.
Unha performance na que se establecerá un paralelismo entre a transformación dun ovo de verme nunha bolboreta, coa transformación dunha relación nun inferno. A través das diferentes fases de metamorfose expresarase a historia dunha víctima de violencia machista. Unha denuncia do maltrato, o machismo e o patriarcado levada a todos os públicos a través dunha historia que sucede de maneira cotiá, e explicada a través dun proceso tan sinxelo, visible e clarividente como é a vida dunha bolboreta de seda.

Xoves 15 / 20.00 h. Naialma (presentación novo disco).
Alberto Vilas (piano e composición). Ciclo: EXPLURART.
A última aventura compositiva do pianista Alberto Vilas lévao ao máis íntimo, ao encontró co seu instrumento ensolitario para dar lugar á expresión máis honesta da música que sae de si mesmo. Logo de ter composto e gravado discos para formacións do máis variado e ter participado en proxectos tan diferentes coma grupos de jazz, grupos de tango, folk, clásica, contemporánea, ter composto bandas sonoras de documentais e actuado en numerosísimos escenarios tanto coma líder do seu proxecto ou mesmo coma parte dun grupo, chega agora ao momento de atoparse consigo mesmo, de deixar soar a súa propia voz con toda claridade e para iso compón un repertorio para piano só que el mesmo interpreta. Máis que probada a súa versatilidade coma músico podemos dicir que a súa música é precisamente froito de todas esas experiencias sonoras.

REVISTA ABRIL

Martes 20 / 20.00 h. Debussy, Schumann, Rachmaninov.
Iago García (piano), Andrés Montenegro (piano). Ciclo: DE PIANO.

Xoves 22 / 20.00 h. Trío Voluntas.
Roberto Noche (clarinete), Alejandro Costas (violonchelo), Patricia Rejas (piano). Ciclo: EXPLURART#Beethoven250.
Este trío, composto o 5 de agosto de 1786, é anotado polo compositor no seu catálogo como Ein Terzett für Klavier, Clarinett und Viola. A tonalidade Elixida é a que Mozart emprega nos seus últimos traballos camerísticos para indicar unha estreita relación de amizade e suxire posiblemente a condición de irmáns da misma loxia masónica.

Xoves 29 / 20.00 h. Trío clarinete, violonchelo e piano.
Esteban Valverde (clarinete), Ana Torres (violonchelo), Cristina García (piano). Ciclo: EXPLURART#Beethoven250.