Mussa – The Pilates Center: terapeutas do movemento
Publirreportaxe
A un paso da Alameda viguesa atópase Mussa – The Pilates Center, un espazo que redefine o concepto tradicional de exercicio para transformalo nunha auténtica «ciencia do movemento». Con dezaoito anos de traxectoria, este non é un ximnasio ao uso, senón un centro sanitario onde o pilates auténtico se integra coa fisioterapia para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios.

A clave de Mussa reside no seu enfoque humano e profesional. Como nos explican as responsables técnicas Cíes, Eva e Vero, o seu labor vai máis alá de impartir rutinas: defínense como «terapeutas do movemento». «Nós rehabilitamos o movemento; non miramos tanto o nome da patoloxía, senón as restricións que esta xenera no movemento», sinalan as profesionais. Este método permite que persoas con dores crónicas ou patoloxías derivadas de certas metodoloxías ou hábitos atopen un equilibrio real entre forza e flexibilidade.
Un dos piares fundamentais de Mussa é a personalización absoluta. Cada sesión deséñase como un «traxe á medida», un modelo que se adapta ás necesidades e ao estado físico co que o alumno chega cada día. Non traballan con táboas preestablecidas, senón que deciden os exercicios seguindo unha planificación flexible segundo o que o corpo demanda nese momento. O centro utiliza todas as máquinas orixinais, como o Reformer ou o Cadillac, que axudan a perfeccionar o movemento e a dar información en tempo real.

Os beneficios son tan tanxibles que os usuarios adoitan saír cunha sensación moi particular: a de estar «esgotadamente estirados». É un traballo que xera unha percepción corporal profunda, pois permite que moitas persoas descubran músculos que non sabían nin que tiñan e recuperen a confianza para retomar outras actividades deportivas que levaban tempo sen practicar. «O movemento é a saúde e é a cura», afirman con rotundidade desde o centro.
Mussa rompe tamén co falso mito de que o pilates é un exercicio exclusivo para mulleres maiores. Con alumnos que van desde os 15 ata os 96 anos e un 37% de homes, o centro demostra que calquera pode beneficiarse desta metodoloxía para previr lesións, mellorar o rendemento deportivo ou simplemente gañar calidade de vida. Como sede en Galicia da Escola Española de Auténtico Pilates (EEDAP), o equipo mantense en formación constante nun edificio histórico que aposta pola sustentabilidade e a atención personalizada.

Rúa do Carral, 16 | mussapilatescenter.com | 986 13 20 71 | info@mussapilatescenter.com | @mussapilatesvigo| @escuelamussapilates
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Novidades musicais viguesas para o primeiro trimestre do ano - 10 Marzo, 2026
- ‘As liñas descontinuas’ de Anxos Fazáns leva Vigo á gran pantalla - 23 Febreiro, 2026
- DGO: pendentes de ti - 9 Febreiro, 2026
- Mussa – The Pilates Center: terapeutas do movemento - 9 Febreiro, 2026
- Empezar o ano con bo pé: cinco centros onde coidar o noso corpo - 9 Febreiro, 2026

