Moon Cresta, dani dicostas, Broken Peach… Novidades musicais locais para o Samaín

Aproveitamos estas datas tan sinaladas para recompilar as novidades musicais de Vigo e arredores dos últimos meses.

Moon Cresta | Zacarías Abad

ZADYM é unha obra concibida nun insual formato (gráfico, literario e musical) que a banda denomina “discómic”. O seu compoñente sonoro fórmao unha colección de oito cancións que nos levan a un pasado da nosa historia recente no que as emocións, estados de ánimo e quizá a visión do mundo volvéronse un tanto convulsas. Reflexo de todo iso serán os diferentes e heteroxéneos oito temas que serán convertidos en oito historietas gráficas da man do debuxante Raúl Maya.

Compositor vigués  con influencias de xéneros como o pop/rock alternativo, a electrónica, o hip hop, o synth pop ou o rock progresivo. En verán publicou o disco Aparece Castrelos e en setembro estreouse en cines o filme Jone, batzuetan, con banda sonora orixinal de P Seijo.

A Drift, o primeiro EP da banda, é unha colección de seis temas que amosan toda a sonoridade de The Wait, psicodelia a baixas revolucións que conecta coa esencia do rock progresivo dos anos setenta e a enerxía grunge dos noventa.

Artista uruguaio que leva máis de vinte anos asentado na nosa cidade. Hai un par de meses publicou o EP a illa.

Vampiluv é o sinxelo de presentación do EP Vampiluv Janyulila, dedicado á memoria de Alma Pegamoide.

A comezos de setembro o músico vigués publicou o sinxelo ‘Céliane’. A finais de ano publicará un novo EP.

Novo adianto do que será o segundo disco de Castillo. Un tema de aire country no que o banjo é o protagonista.

OLIVIER MARTÍN

Despois de anos de traballo, o músico de orixe australiana e residente en Vigo Olivier Martin presenta o primeiro adianto do seu próximo disco.

O dúo de garage formado en Vigo en 2011 reaparece trece anos despois cun disco chego de enerxia que os volve situar no panorama musical.

Exeria é unha banda de rock que comezou a súa andadura por 2022, formada por músicos experimentados da zona do Condado. ‘Televisión’ unha canción hipnótica na que o caos, o pensamento único e as técnicas de marketing agresivo entran nos nosos fogares a ritmo dun rock descarnado .

Cora é un dúo de pop formado formado en 2023 polo vigués Carlos Gil e a pontevedresa Cora Velasco. O 10 de outubro publicaron o seu primeiro disco, El cuarto dorado.

‘Bye bye’ é o cuarto adianto do terceiro disco de dani dicostas. En palabras da artista “Bye bye é romance, poder e decisión. É un xogo entre dúas persoas que se gustan pero non poden estar xuntas”.

Despois de varios adiantos, o vigués Pablo Lesuit publicou a mediados de outubro o seu novo disco Camino de las rocas.

Voltarei nace como unha peza musical e audiovisual que conecta xeracións e territorios. Baixo o selo RIO1923, o club únese a Hard GZ —un dos artistas máis influentes da música urbana en España— para render tributo a quen soñaron con volver, a quen nunca deixaron de sentirse galegos, aínda que estivesen lonxe, e a quen hoxe seguen a construír pontes entre o local e o global.

Vimbio segue adiantando o que será o seu primeiro traballo discográfico cun novo lanzamento, desta vez baixo o nome de ‘Cando ninguén nos vixía’. O tema critica esa falsa aparencia da sociedade de hoxe en día, que se esforza en amosar unha careta irreal a nivel público que non se corresponde coa realidade que se agocha cando ninguén nos observa. Este novo sinxelo caracterízase por un son cru que se achega ao rap metal dos anos 90, e que vén acompañado por unha letra introspectiva e reflexiva, á par dunha produción moderna.

Novo sinxelo da banda viguesa con videoclip dirixido por Andreia Táboas.

Serpe, o dúo formado por María Ferregon e Jorge ‘La Jungla’ Salazar, publicaron o 17 de outubro ‘La Luna’, o
primeiro single do seu debut discográfico Cuando el cielo arda.

Este ano polo Samaín Broken Peach presenta un mashup de ‘Enter Sandman’ de Metallica e ‘Psycho Killer’ de Talking Heads, rodado na cámara semi-anecoica da Escola dá Enxeñería dá Telecomunicación, na Universidade de Vigo.

REVISTA NOVEMBRO

O músico e produtor vigués Guilherme Zapata presentou hai uns días  ‘Oriom’, primeiro adianto do seu disco debut. Con traxectoria en bandas como Bifannah ou Mvnich e tras a estrea en solitario no 2024 cos singles ‘Tanto Ten’ e ‘Fatal’, o músico lanza agora a primeira carta de navegación do seu LP. Zapata propón ritmos oceánicos ao tempo que tece melodías sinuosas que abrazan á bossa e ao funk brasileiro.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.