Montedapena e Antifragil poñen música á gala dos Premios Maketón
Este sábado, 8 de marzo, a Sala Supersonic acolle a 24ª Edición dos Premios da Música Maketón. A gala comeza ás 21:00 e, ademais de estar presentada por Emma Placer, contará coas actuacións de Montedapena e Antifragil. O acceso é libre para todas as persoas que desexen acudir.

Xa son 24 anos os que se levan celebrando a festa do Maketón. Todo comenzou alá polo ano 2000 como unha festa donde se reunía por primeira vez, entorno a un concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos, toda a escena musical local que posteriormente se converteron nos primeiros premios musicais galegos. A iniciativa creou todo un precedente no panorama musical, non só local, se non que no ámbito autonómico e máis de vinte anos despois continúan a ser unha data para apoiar e potenciar a música local.
Esta mañá fomos coñecedores dos finalistas na cafetería El Castro.
MELLOR DISCO AUTOEDITADO
STONED AT POMPEII por ‘Blissphony’
DIRTY SUC por ‘Los Niños de la Batea’
PAULA MATEO por ‘Consecuencias de un sábado noche’
KYOTTO por ‘Hanahaki’
QUERIDO por ‘Una nueva esperanza IV’

MELLOR DISCO
LAW por ‘Lo esencial’. GALUNK PRODUCCIONS
VILLANUEVA por ‘Gallo Negro’. FLOR Y NATA RECORDS
ISIUS por ‘Studio 2’. ERNIE RECORDS
APHONNIC por ‘Crema’. MALDITO RECORDS
GANJAHR FAMILY por ‘Aura’. MAD91

MELLOR DIRECTO
TREINTAÑERAS CAÑERAS
BROKEN PEACH
OS VACALOURAS
FAMILY FOLKS
EXERIA

MELLOR PRODUCTOR
JAVIER VICALO (DUB YARD Estudios)
PACO SERÉN (ECLIPSIS Estudios)
JAVIER ABREU (Estudios ESTEROARTE)
ALFONSO “ESKY”GARCÍA
OMY CID (OMY CID Estudios)
MELLOR VIDEOCLIP (preme para velos)
ANTIFRAGIL por ‘Ausente’. Idea orixinal de Mara Lorenzo, Marcos M. Puhinger e Daniel Soler.
STONED AT POMPEII por ‘Little Game’. Dirixido por Rubén DiGroove.
SILA LÚA por ‘Brasil’. Dirixido por “La niña”.
BROKEN PEACH por ‘Dancefloor’. Dirixido por Broken Peach e Jacobo Areal.
PABLO LESUIT por ‘Camino de las rocas’. Dirixido por Pablo Lesuit.

PREMIO Á TRAXECTORIA MUSICAL
BERNARDO VÁZQUEZ (The Refrescos, The Gambas…)
NOSTROMO (Grupo de rock que celebra o seu 30 aniversario)
ABRAHAM BOBA (León Benavente)
FON ROMÁN (Piratas)
FRANS BANFIELD (Músico y compositor argentino)

Finalmente, o xurado estará composto por profesionais do medio (prensa e radio local). Entre eles atoparemos a que será tamén a presentadora, Emma Placer (colaboradora habitual de Radio Vigo Grupo de Comunicación), a Xosé Otero (director do programa de radio ‘A Kanteira’) e a Salvador García Cal (responsable do proxecto Maketón).