Skip to content
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
      • A Reconquista
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
ORQUESTRA CLÁSICA
  • Amovigo

Moito humor con Lucho Mellera, Patricia Espejo e Carlos Blanco esta fin de semana en Vigo

Publicado o 16 Abril, 2026 por Redacción

Esta fin de semana temos o cuarto aniversario da Morada, o Mercado Mona no Gran Vía, os concertos de Mamá Ladilla e Vimbio e propostas de humor con Lucho Mellera, Carlos Blanco e Patricia Espejo, teatro familiar e roteiros patrimoniais. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

‘EL UNIPERSONAL DE LUCHO MELLERA’ – Venres ás 20:30 h no Teatro Afundación – Desde 35,20 €

DEPO LETRAS GALEGAS

Luciano Mellera leva máis de dezasete anos no mundo do stand up, consolidándose como un dos referentes da comedia en castelán. Tras deixar a publicidade, desenvolveu unha carreira internacional con participación en TEDx Río de la Plata e especiais en Comedy Central e Netflix. Foi pioneiro en levar o stand up a grandes escenarios en Arxentina, incluíndo un espectáculo nun estadio e un show con entradas esgotadas no Movistar Arena en 2025. Ademais, participou en teatro e televisión e forma parte do podcast Aislados, mantendo sempre o humor e a conexión co público como eixo principal.

CONCERTO DE MAMÁ LADILLA – Venres ás 21:30 h na Sala Transylvania – Desde 15,00 €

Mamá Ladilla regresa para presentar o seu novo traballo de estudo, ‘Molestar general’, sen deixar de revisitar o seu fondo de armario musical, co obxectivo de manter sempre un repertorio de directo variado e dinámico. Nesta nova etapa, a banda continúa fiel ao seu estilo irreverente, combinando letras satíricas, humor ácido e unha posta en escena enerxética que xa é marca da casa, ao tempo que incorpora novos temas que reforzan a súa evolución sen perder a súa esencia.

X EDICIÓN DEL MERCADO MONA DE ARTE E ILUSTRACIÓN – Venres e sábado durante todo o día no C.C. Gran Vía – De balde

O Centro Comercial Gran Vía celebra a décima edición do Mercado Mona, un evento dedicado a impulsar o talento local e a visibilizar o traballo de deseñadores e artistas da zona, que terá lugar na Planta 0 do centro desde o mércores ata o sábado. Durante estes catro días, o mercado renóvase diariamente coa participación de doce novos artesáns en cada xornada, ofrecendo así unha experiencia diferente e dinámica en cada visita. O público poderá descubrir e adquirir produtos exclusivos directamente dos seus creadores, incluíndo moda e complementos artesanais, así como obras de arte e ilustracións orixinais, ademais de compartir un espazo de interacción directa cos artistas para coñecer de preto os seus procesos creativos.

ANIVERSARIO DE A MORADA – Sábado de 12:00 h a 20:00 h en A Morada – De balde

A Morada celebra este sábado 18 de abril o seu cuarto aniversario desde a súa apertura, consolidándose como un espazo cultural e feminista de referencia na cidade, nacido coa esencia dun patio de veciñas no que os coidados, o feminismo e a inclusión son o centro do proxecto impulsado por Majo, Freda e Ana en colaboración con distintas entidades locais. Para conmemorar estes catro anos de comunidade, organización e cultura, o espazo ofrece unha programación especial durante toda a xornada que inclúe mercado de artesanía e segunda man, actuacións musicais, sesión vermú, foliada aberta e o xogo musical Sarandonga feminista, ademais de obradoiros gratuítos de experimentación plástica e reciclaxe téxtil, mantendo así o seu espírito de encontro, participación e creatividade colectiva.

‘O LIBRO DA SELVA: O MUSICAL’ – Sábado e domingo ás 18:00 h na Sala Ártika – Desde 12,00 €

O Libro da Selva: O Musical é unha reinterpretación contemporánea e vibrante do clásico de Kipling, creada por Ártika Cía e pensada para público familiar a partir de 5 anos. Cun elenco de cinco intérpretes e música orixinal en galego, o espectáculo combina enerxía, humor e emoción nunha posta en escena coidada que invita a reflexionar sobre valores como a diversidade, a cooperación e a sustentabilidade. A través desta proposta escénica, a obra propón unha viaxe para redescubrir a selva ou quizais a cidade desde unha mirada actual e chea de significado, converténdose nunha experiencia musical e visual para todos os públicos.

HOVIK: ‘GRITO’ – Sábado ás 20:30 h no Teatro Afundación – Desde 24,20 €

O monólogo Grito, de Hovik Keuchkerian, propón unha reflexión intensa sobre o poder da palabra e a liberdade de expresión, entendida como un dos maiores valores que pode defenderse sobre un escenario. A través da súa presenza escénica e do seu estilo directo, o artista explora a importancia de dicir o que se pensa sen filtros, situando a comedia como un espazo privilexiado onde a verdade, a emoción e a crítica social poden convivir. Nesta proposta, o escenario convértese nun lugar de expresión absoluta, no que o cómico exerce a liberdade como ferramenta artística e humana.

CARLOS BLANCO: ‘A PENÚLTIMA’ – Sábado ás 20:30 h no Teatro Salesianos – Desde 16,20 €

A Penúltima, o novo espectáculo de Carlos Blanco, preséntase como unha proposta chea de humor, historias e reflexións nas que o tempo e a vida se mesturan con retranca e proximidade. O artista chega cunha combinación de relatos novos e lembranzas, sempre filtrados polo seu estilo característico, garantindo un encontro co público no que as risas están aseguradas. Cunha duración aproximada de 70 minutos, o espectáculo ofrécese como unha experiencia breve pero intensa, divertida e mesmo sanadora, que invita a deixarse levar polo momento. A Penúltima chega este ano sen demasiadas certezas, fiel ao seu espírito, porque nunca se sabe o que pode pasar.

CONCERTO DE VIMBIO – Sábado ás 21:30 h na Sala Kominsky – Desde 10,00 €

A banda galega de rap metal Vimbio continúa coa súa xira Comeza o Xogo cun concerto en Vigo este sábado na Sala Kominsky, un dos primeiros pasos dun tour que percorrerá Galicia tras o lanzamento do seu álbum debut do mesmo nome. Liderados por Álex Arnoso, o grupo combina rap, nu metal, punk e hardcore; unha proposta contundente e ecléctica que busca revitalizar sons dos 90 e 2000, mesturando os flows do rap coa potencia do metal e a experiencia de músicos da escena galega, cun directo enerxético co que aspiran a consolidarse como unha das novas referencias do xénero en 2026.

PATRICIA ESPEJO: ‘COMEDIA DE LA BUENA’ – Sábado ás 22:30 h no Teatro Afundación – Desde 19,80 €

Patricia Espejo presenta un estilo de humor natural, espontáneo e moi divertido, cunha proposta que se afasta por completo da realidade pero que ao mesmo tempo consegue mergullar o público no máis esencial dela a través da risa. O seu espectáculo garante unha experiencia na que as gargalladas son continuas e inevitables, combinando ocorrencias inesperadas con reflexións disparatadas que fan esquecer, polo menos durante un tempo, todo o aprendido ata o momento. Cunha duración próxima á hora e media, o show convértese nun encontro cheo de enerxía e comicidade no que, unha vez coñecida, resulta difícil non querer repetir a experiencia.

FREE TOUR POLA CONTORNA DE FACTORÍA ALFAGEME DE BOUZAS – Domingo ás 11:00 h na Fabrica Alfageme – De balde

A plataforma BeiramarDaXente, que agrupa unha ducia de colectivos veciñais e culturais, organiza durante a segunda quincena de abril un programa de encontros, debates e roteiros centrado na divulgación das solicitudes para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o patrimonio industrial de Vigo, co obxectivo de poñer en valor a memoria da cidade e a súa historia produtiva. Entre as diferentes actividades que ofrecen, este domingo organizan un percorrido guiado e gratuíto pola contorna da factoría Alfageme en Bouzas.

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Vigo SeaFest, Carlos Blanco e verbenas esta fin de semana en Vigo
  2. Ballet clásico, humor con ‘Mentes peligrosas’ e Estrellas de Buena Vista esta fin de semana en Vigo
  3. Mundo Prestigio, San Patricio e moito teatro esta fin de semana en Vigo
  4. Concertos, cine, maratón fotográfico e moito teatro esta fin de semana en Vigo
a morada a penúltima Bouzas carlos blanco CC Gran Vía comedia de la buena Concerto fin de semana grito Mamá Ladilla monólogo monológo grito musical O libro da selva sala ártika Sala Kominsky sala transylvania TEATRO AFUNDACIÓN VIGO Teatro Salesianos Treintañeras Cañeras Vigo vimbio

Hoxe móvese

maio

RedondelaPaseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra

14mai(mai 14)20:0017(mai 17)20:00XXVII Festival Internacional de Títeres de RedondelaFESTIVAIS E FEIRAS | Varios prezos20:00 (14) - 20:00 (17)(GMT+02:00) Redondela

Vigo36201 Vigo, Pontevedra

15maiTodo o día30O Petisquiño trasládase á primavera con 22 tapas a concursoGASTRO | 4,00 €(Todo o día)(GMT+02:00) Vigo

Sala RebullónAvda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

15mai(mai 15)18:0017(mai 17)20:00Uxía Lambona, Peter Punk e Cé Orquestra Pantasma estarán no Miúdo FestPEQUECHOS | De balde18:00 (15) - 20:00 (17)(GMT+02:00) Sala Rebullón

17maiTodo o día'La Urbana Fest'FESTIVAIS E FEIRAS | Desde 9,95 € (Todo o día: domingo)(GMT+02:00) Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

TODOS OS EVENTOS
25N
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

maio

Sala RebullónAvda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

15mai(mai 15)18:0017(mai 17)20:00Uxía Lambona, Peter Punk e Cé Orquestra Pantasma estarán no Miúdo FestPEQUECHOS | De balde18:00 (15) - 20:00 (17)(GMT+02:00) Sala Rebullón

Vigo36201 Vigo, Pontevedra

20mai19:30Festival Pint of Science: 'PINT KIDS'PEQUECHOS | De balde19:30(GMT+02:00) Vigo

Biblioteca Juan CompañelRúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

21mai17:3019:00'Vai frío!' de Iván DavilaPEQUECHOS | De balde17:30 - 19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

MapisR. de Pizarro, 47, 36204 Vigo, Pontevedra

23mai11:00'Spring Messy Painting'PQUECHOS | Desde 12,00 €11:00(GMT+02:00) Mapis

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
DEPO LETRAS GALEGAS
X