Moita música (e regueifas) na fin de semana de Entroido en Vigo
A maiores do Entroido e da música en directo esta fin de semana podemos acudir a interesantes charlas sobre música norteamericana ou á gala solidaria organizada por Bicos de Papel. Consulta a nosa axenda para coñecer todos os eventos da fin de semana en Vigo.

CELEBRACIÓNS DE ENTROIDO – De venres a mércores
Esta guía reúne os plans máis destacados para gozar do Entroido en Vigo: desfiles de comparsas, animación de rúa, Merdeiros, actividades familiares, concertos, concursos, obradoiros, xogos, chocolatada…
CHARLA RITO E XEOGRAFÍA DA CANCIÓN AMERICANA – Venres ás 20:00h na Asociación Évame Oroza – De balde
Charla-coloquio con Julio Valdeón, autor de títulos como Autorruta del sur ou Sprigsteen en el corazón de la tormenta e Luis Boullosa, músico e autor do ensaio Diez maneras de amar a Lana del Rey.
CONCERTO MAFALDA CARDENAL – Venres ás 20:30 h na Sala Rouge – 24,20 €
Presentará en directo na sala Rouge de Vigo os temas do seu recente traballo As miñas notas de voz, un álbum no que atopamos grandes éxitos como ‘en mi balcón’ ou ‘vete a la luna’.
CONCERTO DE RAFA PONS – Venres ás 21:00 h no Café Uf- Desde 12,80 €
Rafa Pons arrinca a súa xira “Casi Estadios Tour”, na que continúa presentando o seu último disco Sobre todo en Bares, gravado en formato guitarra-voz en quince salas de tres países.
CONCERTO DE DELACUEVA – Venres ás 21:30 h en La Fábrica de Chocolate | Desde 13,50 €
Compositor zaragozano de pop emerxente estatal cun bo feixe de cancións frescas, cheas de melodías pegadizas e letras cun selo inconfundible.
XXVIII CERTAME DE REGUEIFAS – Sábado ás 19:00 h no Auditorio CVC Valadares – De balde
Catro espectáculos diferentes, pero caracterizados polo uso que fan do bo humor, do inxeño e tamén da improvisación: Constance Hurlé, Ceibarrimas, Verter GZ e Pepo Suevos.
OV430: ‘DO ÍNTIMO AO INFINITO’ – Sábado ás 20:00 h no auditorio do Teatro García Barbón – Desde 6,00 €
Obras de Bach, Ysaÿe e Kreisler interpretadas por Nancy Zhou xunto ao Ensemble Vigo 430. Un percorrido que simboliza o paso da voz individual á experiencia colectiva.
ESPECTÁCULO ‘INHERENTE’ – Sábado ás 20:00 h no Teatro Salesianos – Desde 16,30 €
O campión de España de ilusionismo, Marcos Waldemar presenta un espectáculo para todos os públicos, onde a maxia, o humor e o teatro se combinan para contar unha historia única.
SUBIDA AO CASTRO – Domingo ás 12:00h desde o peirao do Náutico – 10,00 €
Proba deportiva do circuíto RunRunVigo. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.
GALA SOLIDARIA BICOS DE PAPEL – Domingo ás 17:30 h no Teatro Salesianos – 8,00 €
Como cada ano, a ONG Bicos de Papel organiza unha gala para recadar fondos para os pacientes da área de oncoloxía infantil do Cunqueiro. Unha tarde na que poderemos gozar con Xulio Merino, A Sombra dos Soños, Ce Orquestra Pantasma e Escuela de danza Media Punta.

