VIALIA
bannerPicnicSesions

Marlon e 84 actuarán de forma virtual na sala Sinatra e na Rouge dentro do ciclo ‘Cómplices’ de Vibra Mahou

O vindeiro xoves 14 as salas viguesas Sinatra e Rouge acollerán de forma virtual os concertos dos artistas Marlon e 84. Este concerto enmárcase dentro da proposta ‘Cómplices´de Vibra Mahou para seguir apoiando a música en directo a pesar da situación xenerada pola crise do COVID-19.

Tras varias semanas pechadas, a Sala Rouge Sound Club e a Sala Sinatra de Vigo abren as súas portas, de forma virtual, o vindeiro xoves 14 de maio. Fano da man de ‘Cómplices’ de Vibra Mahou en casa, un ciclo que busca devolver a música en directo de maneira simbólica ás salas de concertos máis icónicas do panorama nacional e que no seu segundo concerto terá como protagonistas a Marlon e 84.

Consciente da situación pola que atravesan as salas de música en directo, Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, presenta unha edición especial de ‘Cómplices’ para amosar o seu apoio tanto á industria como aos amantes da música. Así, a marca apóiase nalgunhas das salas de concertos máis míticas do panorama nacional para, de maneira virtual, reabrilas e propiciar que nos reencontremos cos directos ata que poidamos facelo onde máis nos gusta, nas propias salas.