Mar de Ons, viaxar xuntos ten outro rumbo
Hai un momento, xusto antes de embarcar, no que todo comeza. O grupo reúnese, alguén mira o reloxo, outro fai unha foto e, sen decatarse, a viaxe xa está en marcha. Porque nas excursións en grupo, non todo depende do destino, senón de como se vive o camiño.
Publirreportaxe

Mar de Ons leva tempo convertendo ese proceso nunha experiencia organizada para distintos perfís: centros educativos e ANPA, grupos Erasmus e universitarios, agrupacións sénior, empresas, asociacións e outros colectivos. As rutas adáptanse a cada un deles para facilitar a planificación e asegurar que a saída responda ás súas necesidades. A navieira oferta durante todo o ano viaxes ás illas para grupos. Unha das claves destas excursións é o acompañamento de guías especializados, que fan que o percorrido vaia máis alá dunha visita convencional ao dárenlle sentido a cada parada e adaptaren o contido ao grupo.
O rumbo pode levar ás illas Cíes, para descubrir a súa biodiversidade e praias como Rodas; á illa de Ons, con sendeiros, miradoiros e tradición mariñeira; á illa de Tambo, cunha contorna natural singular na ría de Pontevedra; ou á illa de San Simón, cun destacado valor histórico e cultural. Con todo, alén das illas, Mar de Ons tamén propón opcións como a súa xira marítima pola ría de Vigo ou pola de Pontevedra, con degustación de mexillóns, un paseo guiado que permite coñecer iconas das Rías Baixas ou as bateas mentres se goza da gastronomía galega. A oferta complétase con propostas educativas como Embárcate con Mar de Ons, con visitas a bordo e actividades para que os máis pequenos aprendan sobre a ría.
Cada excursión inclúe o transporte marítimo e permite adaptar os horarios, a duración e a experiencia segundo o enfoque da visita. A partir de aí, o plan complétase con percorridos guiados para compartir e descubrir Galicia desde o mar. E é aí onde a viaxe cobra outro sentido. Porque cando viaxamos xuntos, o rumbo tamén cambia.
Para máis información e reservas de grupos: comercial@mardeons.com
Rúa de Cánovas del Castillo, 26 | 986 22 52 72 | mardeons.com | @mardeons
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026
- Amigos de la Ópera presenta ‘Don Giovanni’ e outras dez actividades - 29 Maio, 2026
- ‘Oasis’, ‘Punto Nemo’ e ‘Ágata y Lola’ encabezan a programación do Festival de Series Ría de Vigo - 27 Maio, 2026




