Mar de Ons: O Nadal máis máxico navega pola ría

A luz natalicia vólvese reflectir nas augas da ría coa quinta edición do Barco do Nadal, unha das propostas máis esperadas destas festas. Mar de Ons, referente no transporte marítimo de pasaxeiros en Galicia, convida un ano máis a vivir unha travesía única: descubrir o espectáculo do Nadal vigués desde o mar.

Desde o 22 de novembro, vigueses e visitantes poden embarcar no catamarán Mar Vigo, transformado nun auténtico escenario flotante de fantasía e maxia, con luces, música, servizo de bar a bordo, decoración e personaxes de Nadal que farán soñar a cativada e maiores. Entre as novidades desta quinta edición, mantense a posibilidade de cear a bordo todos os sábados, na saída especial das 22:30 horas.

O barco dispón na cuberta principal dunha zona comedor que o converte nun restaurante sobre a auga. Os grupos que desexen celebrar comidas ou ceas de Nadal durante a semana, poderán reservar esta zona calquera día. O menú, deseñado para a ocasión, combina sabores tradicionais e creatividade: inclúe como entrante un saquiño de follado Lorraine recheo de touciño, nata e queixo con cogomelos; como prato principal, lombo de porco con salsa de castañas, puré de pataca doce, cogomelos e aceite de alfábega verde; e como sobremesa, filloa rechea de crema con coulis de froitos vermellos e arandos.

Durante o percorrido, duns noventa minutos, non faltan as visitas dos personaxes máis esperados nestas datas: Papá Noel ata o 25 de decembro, o paxe real ata o día de Reis e o divertido Grinch, xa convertido nun clásico das travesías dominicais, todos os domingos de decembro.

Atracado na dársena da Laxe, xunto ao Cíes Market e á nora, o Barco do Nadal crea un escenario perfecto para vivir estas festas con todos os sentidos. As entradas xa están dispoñibles en www.mardeons.com, con prezos desde 22,00 € para adultos e 12,00 € para nenos, co servizo de paseo con cea a bordo a 54,00 € e 35,00 €, respectivamente.

REVISTA NADAL

Máis información na web mardeons.com