MAISON RUINA, un espazo contra cultural que rebosa creatividade

Este venres abriu as súas portas MAISON RUINA, unha galería de arte e sala de eventos orientada á creación da cultura urbana e contemporánea na nosa cidade.

Sita nun inmoble de 3 andares, no 28 da rúa Carral, MAISON RUINA ocupa, polo momento, a primeira planta. Un espazo dividido en diferentes cuartos, onde só se respira contemporaneidade. Unha iniciativa que reúne unha galería de arte, unha sala de eventos e unha zona gastro.

A idea nace das ganas que diferentes artistas locais tiñan por proxectar as súas creacións culturais.
Rapapawn (animación gráfica experimental e arte plástica), Fosfatina (editorial de cómic contemporáneo) e Tayone (proposta téxtil baixo a marca Captcha Clothes) son as tres forzas que se uniron para dar vida a este proxecto e que enchen o espazo coas súas proxeccións, creacións, tiras cómicas e prendas textiles.

Eles mesmos contan que ademais de dar visibilidade ao que fan, pretenden “crear un espazo que aínda non existe na cidade”. Non só pretende ser un escaparate senón que queren que MAISON RUINA se convirta nun espazo onde crear sinerxias e onde xerminen novos proxectos, dando cuna e acubillo aos artistas.

Este venres, ás 19.30 abriu as portas ao público por primeira vez baixo unha sesión de Overdose, BBM e Pálida onde non faltou a bebida e a comida. Hoxe, sábado 20 de xullo, a partir das 19:30 o ritmo correrá a cargo de Respeto, Iaghost e Bflecha.

En MAISON RUINA entenden que a cultura debe ser acesible para todos, por iso os seus eventos son gratuítos. Desde a convicción de que os creadores (músicos, artistas plásticos, fotógrafos, deseñadores…) que colaboren deben ser remunerados polo seu traballo participando deste proxecto ao tempo que logren que este sexa autosustentable. Por este motivo, a forma de apoialo pasará pola colaboración do público, adquirindo artigos da tenda ou a través da cantina gastro. Así, a través destes elementos, e grazas aos sponsors  financiarán os costes fixos e as actividades que ofrecen.

MAISON RUINA é un espazo en constante transformación. Facendo deles a tendencia do Vigo Vertical, o propósito de Maison é medrar progresivamente, ampliar salas e proxectos nas plantas superiores e chegar a encher todo o inmoble de actividade cultural e artística contemporánea.

19xul19:30Inauguración Maison RuinaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:30 Maison Ruina

Compartir
X