Madeira de xogo

A crianza respectuosa podemos definila como unha forma de vida cuxos principios se basean no amor incondicional, a empatía, a igualdade e a querenza polos fillos. Este tipo de educación céntrase tamén en entender as necesidades do neno respectando os ritmos propios do seu desenvolvemento. Con esta filosofía, recomendamos unha xoguetería especializada: Patapum. Non se trata dunha simple tenda de xoguetes, senón un espazo de ecoloxía. Aquí respéctase fondamente o desenvolvemento harmónico e libre da infancia. Detrás deste establecemento están Marta López Oro e mais a súa familia. Ela é educadora social, pero ante todo é nai. Unha nai que deixou o seu traballo anterior para poder concibir este fermoso proxecto.
Nesta tenda situada no número 5 da rúa de Afonso X o Sabio é importante que a selección xogueteira estea baseada en materiais naturais e que achegue riqueza sensorial os cativos, por iso aquí se aposta pola de madeira de alta calidade en enredos respectuosos co infante e co medio. Ademais, este centro está especializado en pedagoxías alternativas, como as de Waldorf, Pikler, Montessori e Hengstenberg, que achegan unha visión especial e diferente do xogo e, en definitiva, da aprendizaxe infantil. Marta aposta polo consumo responsable e o desenvolvemento sostible, por iso impulsa un mercado de artigos ecolóxicos, como cueiros, cosmética natural ou mesmo libros sobre a crianza respectuosa.
Lourdes Tomé
Redactora
Podes ler máis en…
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Igualdade que vén ao conto - 10 Marzo, 2023
- CEIP Igrexa-Candeán - 13 Febreiro, 2023
- Os mellores colexios públicos de Vigo segundo os seguidores de A Movida - 31 Xaneiro, 2023
- Colexio San José de Cluny - 27 Xaneiro, 2023
- Colexio San Fermín - 27 Xaneiro, 2023