Ludoteca Fuxo: unha experiencia pensada para a infancia con metodoloxía Montessori

O verán é unha oportunidade única para que os máis pequenos sigan aprendendo, explorando e socializando nun ambiente seguro e adaptado ás súas necesidades. Con esta filosofía nace o campamento de verán da Ludoteca Fuxo, un proxecto educativo dirixido exclusivamente a nenos e nenas de entre 2 e 6 anos.

Fuxo é actualmente a única ludoteca autorizada polos Servizos Sociais da Xunta de Galicia en Vigo. Trátase dun espazo de aprendizaxe inspirado na metodoloxía Montessori, creado para fomentar a autonomía, a curiosidade e o desenvolvemento integral da infancia. Cada recuncho foi deseñado ao detalle para que os pequenos poidan desenvolverse con liberdade, elixindo as súas actividades, aprendendo a coidar do seu entorno e realizando por si mesmos tarefas adaptadas á súa idade.

CASTELAO

O campamento de verán mantén a esencia deste proxecto educativo, baseado no respecto polos ritmos individuais, a exploración libre e a aprendizaxe significativa. Ao longo da xornada, os participantes poderán gozar de materiais didácticos rotativos, espazos de xogo especialmente preparados para a súa etapa evolutiva e propostas educativas guiadas por profesionais da educación infantil.

GOZO FEST

Cada día incluirá un taller Montessori adaptado aos intereses e necesidades do grupo. Ademais, os nenos e nenas poderán explorar libremente os diferentes recunchos de actividade da ludoteca e participar en saídas ao entorno da Praza da Independencia, aproveitando os espazos exteriores para desfrutar do verán de forma activa e segura.

Un dos aspectos máis destacados do campamento é que está pensado exclusivamente para a primeira infancia. Isto permite que os participantes compartan as súas primeiras experiencias de campamento con compañeiros da mesma franxa de idade, sen ter que adaptarse a dinámicas deseñadas para nenos e nenas máis maiores.

O programa desenvólvese en grupos reducidos, guiados por unha mestra de Educación Infantil e persoal de apoio, garantindo unha atención personalizada e de calidade. O horario ordinario será de 9:30 a 14:30 horas, con opción de ampliación de 8:30 a 15:30 horas mediante servizo de madrugadores e fiambrera. O campamento celebrarase do 22 de xuño ao 31 de agosto.

A actividade está dirixida a nenos e nenas nacidos entre os anos 2020 e 2023, cunha oferta flexible que permite adaptarse ás necesidades de cada familia. Os prezos establecidos son de 25 euros por día solto, 90 euros por semana, 160 euros por quincena e 270 euros por mes completo. O servizo de horario ampliado ten un custo adicional de 6 euros por día, 20 euros por semana, 30 euros por quincena ou 50 euros por mes.