Los Secretos, Pequeártiko e Millán Salcedo esta fin de semana en Vigo
Humor con Millán Salcedo e tamén con Rober Bodegas, David Amor e Javier Veiga; a música de Los Secretos e festival de teatro familiar, son algúns dos plans máis destacados esta fin de semana na cidade. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

FESTIVAL DE TEATRO INFANTIL PEQUEÁRTIKO – Venres 26 a mércores 31 na Sala Ártika – Desde 9,00 €
A Sala Ártika organiza de novo un festival de teatro familiar con actuacións todos os días ata o 31 de decembro. Estas son as funcións desta fin de semana:
Venres 26 de decembro ás 16:30h – Pañuelos
Sábado 27 de decembro ás 18:00h – Moby Dick
Domingo 28 de decembro ás 18:00h – Katia the cat
PREGUNTAMELÓN CON MILLÁN SALCEDO – Venres 26 ás 20:30h no Teatro Salesianos – Desde 22,00 €
Espectáculo-pódcast no que Millán mestura actualidade, anécdotas e confesións en directo. Este espectáculo é unha oportunidade para rir, reflexionar e gozar da espontaneidade dun humorista que regresa tras anos lonxe dos focos.
CONCERTO DE THE BO DEREKS – Venres 26 ás 21:30h na Fábrica de Chocolate – Desde 14,28 €
Tras máis dun ano sen deixarse ver pola cidade The Bo Derek’s traen un novo álbum debaixo do brazo cun título definitorio da súa filosofía: Working Class R’n’R.
ESPECTÁCULO ESFINTER 5 – Sábado 27 ás 18:30h no Auditorio Rosalía de Castro – Desde 22,00 €
Volve o Nadal, volve ESFÍNTER: Un espectáculo para pechar o ano! Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas anuncian o reencontro de amigos que xa é unha das tradicións máis esperadas do nadal galego.
CONCERTO DE LOS SECRETOS – Sábado 27 ás 21:00h no Mar de Vigo – Desde 30,00 €
Álvaro Urquijo, Ramón Arroyo, Txetxu Altube, Juanjo Ramos, Jesús Redondo e Santi Fernández reviven os clásicos que forman parte da historia da música española

CONCERTO DE MOON CRESTA – Sábado 27 ás 22:00h na Sala Masterclub – Desde 12,24 €
A banda viguesa continúa a presentar o seu novo disco, ZADYM. O concerto será xunto á banda colaborativa Daydream Sessions.
PAPANOELADA MOTEIRA – Sábado 27 desde Navia – De balde
A partir das 16:00 h o convoi sairá de Navia e percorrerá as avenidas Castelao e Gran Vía ata chegar ao Concello de Vigo, na rúa Venezuela. Calquera pode unirse. As únicas condicións para participar son ir en moto, disfraz de Papá Noel e doar alimentos ao Banco de Alimentos.
CONCERTO DE COLLÓN DE LOLA – Sábado 27 ás 21:30h na Sala Rebullón – Desde 10,00 €
Concerto final de xira da banda tributo ao Xabarín Club. Ademáis, haberá unha exposición previa ao concerto sobre a historia do mellor programa. As cen primeiras entradas vendidas obterán un sandwich de Nocilla.

CONCERTO DE LOS NAIPES – Sábado 27 ás 22:00h na Sala Kominsky – 10,00 €
A banda viguesa formada por Toño López (The Soul Jacket, Black Stereo), Mauro Comesaña (The Soul Jacket, Zålomon Grass), Óscar Avendaño (Siniestro Total, The No Dereks) e Andrés Cunha (Siniestro Total) dá un concerto de fusión de Blues e Rock and Roll con moitas versións de grandes temas.
CONCERTO DO TRÍO XIADA – Domingo 28 ás 19:00h na Academia Compass – 9,00 €
Concerto de Nadal da man dunha unión de estudantes galegos da ESMUC de Barcelona e o Conservatorio Superior de Música de Madrid. Un trío de piano, clarinete e violonchelo.
SE QUERES COÑECER TODOS OS EVENTOS DE NADAL EN VIGO CONSULTA A NOSA AXENDA DE NADAL.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A túa opinión importa: participa na enquisa de A Movida - 18 Xaneiro, 2026
- Los Secretos, Pequeártiko e Millán Salcedo esta fin de semana en Vigo - 24 Decembro, 2025
- ‘Iribarne’ e o limbo cultural de Vigo: por que a xira de despedida non pasa pola cidade - 22 Decembro, 2025
- Búscanse cineastas frikis para a décima edición do GFFF - 19 Decembro, 2025
- A Laxe enche o Nadal de plans para grandes e pequenos - 17 Decembro, 2025


