Leiva, Astro Labia, Encordass e Kokoro esta fin de semana en Vigo

 A cidade énchese de actividades ao aire libre, grandes concertos e festivais. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Concerto de Leiva en Castrelos | Pablo Vázquez

FEIRA DO LIBRO – Ata o martes na Alameda – De balde

Organizada pola Federación de Librarías de Galicia, esta edición contará coa participación de vinte librarías e máis de 200 autores e autoras. Unha semana chea de presentacións, sinaturas, obradoiros infantís, recitais poéticos e espectáculos familiares.

FESTIVAL ENCORDASS FIDDLE FEST – De xoves a domingo na Illa de San Simón- Varios prezos

Festival dedicado ao violín tradional e os intrumentos de corda. Comeza o xoves no Museo do Mar (de balde) e trasládase á Illa de San Simón de venres a doming (con entrada). Esta edición está dedicada á música escocesa e céltica e contará con bandas de Escocia, Estados Unidos e Galicia.

GARAGE SALE MARKET – Venres e sabado de 10:00 a 20:00h no Centro Comercial Camelias – De balde

 Centro Comercial Camelias reunirá vendedores particulares con centos de artigos de segunda man, roupa, pezas de coleccionismo, decoración, libros, tecnoloxía e obxectos vintage.

FESTIVAL DE POESÍA ASTRO LABIA – Xoves e venres en Vitruvia e Pantalán do Porto – Varios

Festival que mestura poesía, indiepop e electrónica en tres espazos do centro de Vigo. coas actuacións de Rumia, Marcos de la Fuente, Yolanda Castaño, Isaac Garabatos, Lontras, Belish, ISGA Collective, Mónica de Nut e DJ Santa Gertrudis.

CINE AO AIRE LIBRE EN CASTRELOS – Venres e sábado ás 22:00h en Castrelos – De balde

A programación estival de cine ao aire libre chega ao seu fin esta fin de semana. O venres proxecta ‘Sonic 3’ e o sábado ‘Amigos imaginarios’ fronte ao Pazo Quiñones de León.

No peche do seu Tour Gigante Leiva pasa por Vigo onde ofrecerá un dobre concerto que ten as entradas esgotadas. A última vez que o artista madrileño estivo en Vigo foi no 2022 dentro do programa municipal Vigo en Festas no Auditorio de Castrelos, onde xa estivera no 2019.

KOKORO JAPAN EXPO – Sábado e domingo todo o día no IFEVI – Desde 15,00 €

Nova edición da feira dedicada á cultura xaponesa, o anime, o manga, os videoxogos e o entretemento asiático. Entre as propostas desta edición destacan espectáculos chegados directamente desde Xapón, como a actuación de Katanaya Ichi, inspirados no universo dos samuráis e ninjas, e Murasaki Taiko.

FESTAS DE COIA – De sábado a martes todo o día – De balde

 O recinto da Avenida de Castelao está listo para arrancar catro días do mellor ambiente festivo, agrupacións tradicionais, atraccións e grandes orquestas como Panorama, El Combo Dominicano e Tango.

CONCERTO DE LULA MORA – Sábado ás 12:30h en RioLagares- De balde

Agrupación liderada por Sara Caride e Silvia Izquierdo, combina música e poesía, creando pontes entre as súas dúas identidades culturais e xeográficas: Galicia e Canarias. Estarán presentando o seu primeiro disco ‘Hogar’.

MUSICAL ‘GUERRERAS KPOP’ – Domingo ás 20:00 h no Centro Comercial A Laxe – Desde 20,00 €

O fenómeno musical Guerreras K-Pop chega a Vigo cun espectáculo con voces en directo. Seis mozas descubrirán o poder transformador do K-Pop como ferramenta de resistencia e liberdade, iniciando unha revolución a través da arte, a danza e a música.