Lagareta by Aurora, oasis gastronómico con piscina
Un restaurante e bar deseñado para o gozar ao aire libre, moi atractivo para rematar un día de praia ou escapar do ruído da cidade, pois ofrece magníficas vistas á ría e atópase a poucos minutos da praia de Canido.

Desde 2020, este espazo, anteriormente dedicado a vodas, reconverteuse para o público xeral, destacando polas súas amplas terrazas e agradables xardíns. É o lugar perfecto para gozar dunha comida baixo a sombra dunha árbore ou contemplar os atardeceres desde as súas tres terrazas. Ademais, conta cunha piscina dispoñible baixo reserva para uso privado, moi acaída para eventos especiais, como aniversarios e comuñóns, ou reunións de grupo.




A oferta culinaria destaca por ser variada, pois contan con opcións de comida, cea e petiscos, ademais dunha popular carta de brunch e merenda que inclúe zumes naturais, gofres, tortitas e torradas. Para o mediodía e a noite ofrecen pratos para picar como croquetas e gyozas, e pratos fortes como picaña, carrilleras ou salmón noruegués. Lagareta by Aurora é un destino moi versátil, tanto pola oferta de comida e cócteles, como polo seu amplo horario; pensado para satisfacer tanto a parellas e familias como a grupos de amigos.
Estrada de Camposancos, 347 | 627 48 50 78 | @lagareta_by | lagareta.buenacarta.com



