La M.O.D.A., La Pegatina e Hoonine, primeiras confirmacións do SonRías Baixas

SonRías Baixas vén de anunciar un primeiro adianto do cartel da súa próxima edición, que se celebrará do xoves 30 de xullo ao sábado 1 de agosto no recinto das Lagoas, en Bueu.  La M.O.D.A., La Pegatina e Hoonine encabezan as primeiras confirmacións e as entradas saen á venda o mércores 17 de decembro ás 12:00 h na web do festival.

La M.O.D.A. actuando no SonRías Baixas nunha edición anterior | P. Vázquez

LA M.O.D.A., LA PEGATINA e HOONINE encabezan as primeiras confirmacións, un avance que reflicte a vocación do festival: combinar aos grandes favoritos do público cunha firme aposta polo talento emerxente. Unha selección inicial que volve situar ao festival como un espazo aberto, sen barreiras nin prexuízos, no que conviven diferentes estilos, xeracións e formas de gozar a música.

Tras un 2025 memorable, no que SonRías Baixas superou todos os seus récords de asistencia e consolidou o seu crecemento, o festival reafírmase como unha das grandes citas musicais do verán galego e do noroeste peninsular. A nova edición continuará reforzando esta traxectoria ascendente, apostando por unha liña artística que combina risco, nomes consolidados e o talento emerxente que está a marcar a escena actual. O resto do cartel desvelarase proximamente, ampliando esta primeira mostra e conformando unha proposta pensada para gozar nunha contorna natural excepcional. Tanto a venda xeral de entradas como a venda do acceso á zona de acampada para as tres xornadas do festival comezará o mércores 17 de decembro ás 12:00 a través de  sonriasbaixas.info y en Enterticket.es.

O septeto burgalés LA M.O.D.A. regresa a SonRías Baixas como un dos grandes referentes da música alternativa en España. Co seu inconfundible acordeón, clarinete e mandolina, a banda forxou unha sólida traxectoria baseada na autoedición eunha intensa actividade sobre os escenarios, con preto de 600 concertos en España e o estranxeiro. Cun novo disco recén publicado e un directo que digura entre os máis desexados do próximo ano, a súa actuación promete ser un dos fitos da próxima edición do festival.

Despois do seu parón, regresa a SonRías Baixas unha das bandas máis queridas polo público do festival: os veteranos e sempre aplaudidos LA PEGATINA, mestres da fusión de ska, rumba e música festiva. Tras máis de vinte anos de carreira, converteron os seus concertos en auténticas celebracións colectivas, onde a diversión, a conexión co público e os ritmos pegadizos son os protagonistas, consolidando a súa reputación como un dos directos máis divertidos da escena nacional.

REVISTA NADAL

Pola súa banda, HOONINE, o alter ego de Carmen Alarcón, debuta en SonRías Baixas presentando o seu EP Una Foto Al Sol. En apenas tres anos, pasou de lanzar o seu primeiro álbum Roca Roja a posicionarse como unha das artistas máis innovadoras da actualidade. Compositora, produtora e DJ multiinstrumentista, combina estilos como dance, house, UK Garage e synthpop, ofrecendo unha proposta fresca e singular dentro da música alternativa española.