VIALIA
bannerPicnicSesions

‘La felicidad de los perros’ do vigués David Hernández en aberto

O filme do vigués David Hernández La Felicidad de los perros, agora se pode ver online de forma libre a través da plataforma Vimeo. Esta é a primeira longametraxe de ficción dirixida por Hernández e ten sido galardonada en diferentes festivais como o 56º FICX, o 8º Primavera do Cine, o 37º Festival Cinematográfico Internacional del Uruguai, o 8º Festival Márgenes, o 3º Ibiza FilmFest e o 32º Cineuropa.  

La felicidad de los perros conta a historia de César, un home de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla de dous anos. Xa hai tempo que Sara é quen mantén economicamente a familia co seu soldo de perruqueira e trata de apoiar a César para sacalo da súa rutineira vida. Pero algo sucede no interior de César e que fai cambiar o rumbo da súa vida.

LA FELICIDAD DE LOS PERROS from Adarme Visual on Vimeo.