Kidcode: unha década impulsando o talento dixital

A academia viguesa celebra o seu décimo aniversario consolidada como referente na formación tecnolóxica para nenos e adolescentes. O seu obxectivo é apoderar a rapazada para o uso responsable da tecnoloxía e da intelixencia artificial, co fin de preparala para o futuro.

A fundadora de Kidcode, Leticia Costas, comezou a idear o proxecto hai máis dunha década tras detectar a fenda entre a metodoloxía do sistema educativo tradicional e as demandas laborais reais. Tras varias probas, creou a academia á que ela mesma querería ir cando era nena. A resposta da rapazada, como era de esperar, foi moi positiva.

CASTELAO

Kidcode é un proxecto comprometido co desenvolvemento dunha cidadanía crítica, innovadora e activa na sociedade. A metodoloxía céntrase no alumnado e axúdao a identificar fortalezas e intereses desde ben novo. Desenvolven habilidades como a lóxica, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a resistencia á frustración. O currículo, dinámico e actualizado, emprega ferramentas tecnolóxicas e metodoloxías áxiles de innovación, como o design thinking, e prepara para as profesións do futuro ao tempo que fomenta a toma de decisións informadas.

GOZO FEST

As actividades cobren un amplo espectro dixital: programación (Python, HTML, JavaScript etc.), robótica educativa, electrónica, realidade aumentada, deseño e impresión 3D, ofimática, deseño de videoxogos e aplicacións, ciberseguridade… As clases están dirixidas a rapaces e rapazas de cinco a dezasete anos, cunha duración de hora e media semanal. Os grupos son reducidos para poder garantir un seguimento personalizado de cada estudante.

Kidcode pon especial énfase no uso responsable da tecnoloxía e da intelixencia artificial, tan de actualidade nos últimos tempos. O obxectivo é desenvolver o sentido crítico para que o alumnado use a tecnoloxía na resolución de problemas relevantes e poida desenvolver de xeito profesional os seus proxectos. Tamén organizan charlas para familias, nas que abordan temas como as oportunidades e os riscos da IA: desinformación, impacto laboral, uso inadecuado de chatbots etc. O equipo de Kidcode é multidisciplinario e está moi cualificado, composto por profesionais da enxeñería, da pedagoxía, da divulgación científica e do deseño. Este perfil distintivo permite axudar a rapazada a atopar o seu camiño, especialmente a quen atopa maiores dificultades no sistema educativo tradicional.

Por último, a academia tamén funciona como ponte entre a escola e a empresa, xa que mantén un contacto estreito coa actualidade industrial galega: colabora con empresas destacadas e interactúa con clústers dos sectores da automoción, das telecomunicacións, téxtil e metal. Esta conexión garante que o alumnado coñeza os perfís profesionais máis demandados en cada sector e, grazas á súa extensa rede de contactos, atope oportunidades en Galicia para futuras prácticas.

Rúa de Zamora, 88 | kidcode.es | 886 14 24 69 | info@kidcode.es | @kidcode_academy