Jethro Tull, Treixadura e teatro para ‘Señoras’ esta fin de semana en Vigo
Jethro Tull chega a Vigo para celebrar o seu cincuenta aniversario sobre os escenarios e Treixadura presenta o seu esperado novo traballo ‘Portalén’. A cidade tamén ofrece teatro feminista con ‘Señores que din’, monólogos de humor, mercado vintage e unha festa gastronómica para honrar ao chouripán. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR – Venres ás 20:00 h en A Morada – De balde
Un espectáculo a cargo de Bea Campos, que combina historias entretidas con espazos para pensar nos roles e nas desigualdades de xénero. Un cesto de historias protagonizadas por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosas.
VIGOCULTURA: ‘SEÑORES QUE DIN’ – Venres e sábado ás 20:00 h no Auditorio do Concello – Desde 10,00 €
O programa inclúe teatro contemporáneo e clásico, comedia, drama, danza contemporánea, circo, música, maxia e espectáculos para a primeira infancia. Ao longo do semestre, a programación súmase a conmemoracións sociais, como o Día Internacional da Muller, o Día Internacional da Danza ou o Día Mundial do Circo. Tamén destaca a celebración do décimo aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas.
Mario e Samuel, son dous mozos de Zaragoza que con só batería e contrabaixo, foron percorrendo un camiño no mundo da música. O seu espírito libre, sen ataduras creativas, é a súa principal arma á hora de enfrontarse á industria e a un público que, sorprendido, xamais se espera o que van realizar cando soben a un escenario. Estarán acompañador por Pipi na palma e Europeos Pálidos.

CONCERTO DE FLECHA VALONA – Venres ás 21:30 h en La Fábrica de Chocolate – Desde 10,00 €
Proxecto musical do compositor xerezano Ezequiel Márquez, influenciado polo power pop e o indie rock. Debutou con Running in a Circle (2016), que lle abriu as portas a festivais andaluces, e en 2022 publicou Los Días Pasarán, o seu primeiro disco en castelán, marcando unha evolución cara a un son máis maduro dentro do indie nacional. Nos últimos anos tamén colaborou coa artista Vega e continúa explorando novas direccións musicais, como no sinxelo Nunca Más, chega a Vigo da man de Girando por salas.

LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS CON JOSEBA PÉREZ – Venres ás 22:30 h en Island Club – Desde 15,00 €
Joseba Pérez é un dos nomes máis consolidados do stand-up en España. Con máis de 15 anos de traxectoria, actuou en teatros e salas de todo o país cun humor directo, intelixente e sen concesións. Guionista habitual na televisión, combina monólogos afiados e cancións de humor nun espectáculo con personalidade propia. O seu directo destaca pola enerxía, a proximidade e o bo ambiente, avalado por excelentes críticas do público.
FESTA DO CHOURIPÁN – Sábado de 11:00 h ás 21:00 na Av. San Miguel de Oia – De balde
O barrio de San Miguel de Oia celebra o 14 de marzo a primeira edición da Gran Festa do Chouripán, organizada pola Comisión de Festas como previa á Reconquista de Vigo. O chouripán, bocadillo de chourizo asado moi popular nas festas viguesas, será o protagonista dunha xornada que comezará ás 11:00 e contará tamén con outras propostas gastronómicas e actuacións musicais de grupos locais durante todo o día.
SALSEO VINTAGE – Sábado de 16:00 h ás 20:30 h en Supralab – De balde
Prepárate para unha tarde de tesouros vintage, roupa de segunda man excepcional e moito ambiente. Porque atopar unha xoia vintage mentres soa boa música non pasa todos os días: haberá vintage e segunda man seleccionada, DJ en directo de Herpes Bazaar, barra de bebidas e bo ambiente asegurado.
TREIXADURA PRESENTA PORTALÉN – Sábado ás 20:30 h no Teatro García Barbón – Desde 9,60 €
Tras o seu anterior traballo, Camiño Longo, a formación dedicou tempo a crear e dar forma a novas pezas. O resultado é Portalén, un disco que mantén a esencia que caracteriza ao grupo, baseada no canto colectivo e no coidado da instrumentación, ao tempo que incorpora novas melodías e sonoridades. Este novo traballo propón unha viaxe musical que conecta a tradición coa evolución do propio grupo, mantendo viva a raíz da música popular galega. O repertorio inclúe temas pensados tanto para a escoita pausada como para ser compartidos co público nos concertos.
CONCERTO DE NON TALKERS – Sábado ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 30,00 €
O dúo luso-belga Non Talkers, formado por Marco e Evita Brantner, comeza en 2026 a súa nova xira europea Weight of Doubt co primeiro concerto no Auditorio Mar de Vigo, que será tamén o seu debut en Galicia. A banda presenta un directo intenso onde o indie folk mestura emoción e enerxía, destacando pola combinación de dúas voces moi diferentes que crean un son único. Tras actuar en varios países europeos e recibir recoñecementos como mellor artista e mellor álbum, Vigo converterase no punto de partida desta nova etapa.
JETHRO TULL – Domingo ás 19:00 h no Mar de Vigo – Desde 35,00 €
Os británicos Jethro Tull volven ao Auditorio Mar de Vigo para celebrar o seu cincuenta aniversario. A banda que mezcla as distorsións e sons exerimentais do rock progresivo coa acústica e beleza delicada do folk conquistan países e xeracións, cun percorrido polo mundo adiante de máis de 50 anos. Unha oportunidade como poucas de ver a un grupo histórico, deses que incluso para quen descoñece o nome, sempre soan e permanecen na memoria de moitos con temas icónicos como Aqualung, Living the Past ou Bouré.

