Ilegales, lenda viva do rock estatal, actúan en Vigo no festival The Wild
O festival The Wild, que se celebrará do 5 ao 7 de setembro en Vigo, confirma a incorporación de Ilegales como cabeza de cartel da súa edición 2025. As entradas están á venda na web do festival por 10,00 €.

Ilegales actuará en Vigo en setembro dentro do festival The Wild, no Parque Forestal de San Miguel de Oia. O concerto dos asturianos terá lugar o sábado 6 e compartirán cartel cos galegos Sr. Salvaje e Netta Rufina. A banda asturiana, liderada por Jorge ‘Ilegal’, é unha das máis veteranas e provocadoras do rock estatal das últimas décadas, recoñecida pola súa actitude combativa e longa traxectoria.
Formada en Xixón a comezos dos anos 80, Ilegales acadarou éxito con temas xa icónicos como ‘Soy un macarra’, ‘Problema sexual’, ‘Eres una puta’ ou ‘Tiempos nuevos, tiempos salvajes’. No ano 2022 publicaron La lucha por la vida, un disco de celebración dos seus 40 anos sobre os escenarios, no que reinterpretan os seus grandes éxitos xunto a artistas convidados como Bunbury, Loquillo, Vetusta Morla ou Dani Martín. Cunha carreira que combina á perfección irreverencia e solidez musical, a banda chega a The Wild en plena forma, convertida nunha lenda viva do rock nacional.
O cartel complétase cos artistas galegos Sr. Salvaje, Netta Rufina, Los Mortymere a final do concurso de bandas galegas Salvaxesons, que repartirá 1.800 € en premios. O festival tamén inclúe programación familiar, con nomes como Cé Orquestra Pantasma, Peter Punk ou as Olimpíadas Paiasas. O programa completarase con propostas paralelas como The Wild Cinema, Orientaventura, o mercado de artesanía e zona gastro.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- SonRías Baixas publica o cartel por días - 8 Maio, 2026
- ‘Reconversión’, unha premiada viaxe entre memoria familiar e loita obreira - 8 Maio, 2026
- O mellor de Play-Doc en 10 actividades imprescindibles - 29 Abril, 2026
- A Movida súmase á campaña Subscríbete ao galego, que agasalla dominio web e hosting aos novos subscritores - 29 Abril, 2026
- A loita pola información en galego: do ‘Tío Marcos’ a TikTok - 28 Abril, 2026

