IGMA: viveiro musical

O Instituto Galego de Música Avanzada (IGMA) continúa a consolidarse como un dos proxectos máis innovadores na formación musical en Galicia coa apertura do seu novo local na rúa do Progreso, no centro de Vigo. Máis que un simple cambio de localización, este novo espazo representa un salto cualitativo na maneira de entender o ensino da música.

Segundo explica a dirección do centro, IGMA naceu para cubrir unha carencia evidente: «Moitísima xente con talento non tiña acceso a unha formación real, profesional e conectada coa industria». Durante anos, a aprendizaxe musical estivo afastada da realidade do sector, centrada na teoría e sen ferramentas para construír unha carreira. IGMA propón xusto o contrario: un modelo práctico, orientado ao mundo profesional e á inserción laboral.

MILLO VERDE

As novas instalacións reflicten esta filosofía. Definidas polo propio equipo como «un ecosistema profesional», están deseñadas para replicar as condicións reais ás que se enfrontará o alumnado fóra da aula. Cada estudante traballa con equipamento profesional individual nun ambiente que prioriza a práctica e a inmersión total. «Aquí non vés probar, vés adestrar», resume o equipo docente. A oferta formativa céntrase en DJ e produción musical, cun percorrido completo que vai desde o nivel inicial ata o profesional. O valor diferencial, segundo destacan, está na metodoloxía: un proceso guiado, estruturado e con seguimento constante que permite desenvolver un perfil competitivo nun mercado cada vez máis esixente.

O contacto con docentes en activo garante, ademais, unha formación actualizada e conectada co que realmente está a acontecer: «Intentar aprender só, sen guía, adoita alongar o proceso anos… ou facer que moita xente abandone. Se de verdade queres dedicarte a isto, rodéate de profesionais e acelera o proceso», aconsellan. A transformación do alumnado é, segundo IGMA, un dos seus maiores logros. Moitos chegan sen experiencia nin unha dirección clara, pero saen cunha nova mentalidade: deixan de verse como afeccionados para asumirse como artistas; un cambio clave nunha escena, a galega, que está en crecemento pero que aínda precisa máis profesionalización.

Neste contexto, IGMA aspira a desempeñar un papel decisivo: non só formar talento, senón tamén impulsalo. A creación do seu propio selo discográfico reforza esta idea, ao funcionar como ponte entre a aprendizaxe e o mercado real. O obxectivo é claro: que Galicia non só consuma música, senón que tamén exporte artistas con identidade propia.

Rúa do Progreso, 14 | 986 762 949 | igma.es | @igma_vigo