CASAACUNHA

Homenaxe a O Marisquiño polo seu XX Aniversario en forma de mural

Este ano o principal festival da cidade celebrará o seu XX aniversario, na que esperan que sexa a edición máis ambiciosa de todas. Para reforzar aínda máis a vinculación de O Marisquiño con Vigo, a rúa Coruña albergará no seu número 31 un mural xigante realizado por Kike Besada y Laura Mujico como homenaxe ao evento.

Banner A Movidiña
Nesta edición pretenden superar o récord de asistencia da anterior | Pablo V.

O Festival O Marisquiño cumprirá 20 anos na edición deste ano, tras o éxito alcanzado en 2019 cando se bateron todos os records de asistencia, de repercusión en medios de comunicación, de retorno económico e de participación deportiva. A vinculación de O Marisquiño á cidade ten agora un novo capítulo coa homenaxe de Vigo ao festival en forma de mural conmemorativo. Trátase dun grafiti que crearán e pintarán os artistas galegos Kike Besada e Laura Mujico, do estudo Drama y Pow, que ocupará a parede do número 31 da rúa Coruña preto dos estaleiros, do mar e do porto, selos de identidade tanto de O Marisquiño como da cidade olívica.

Este será outro paso máis da iniciativa municipal Vigo Ciudad de Color, que pretende encher de vida e arte as tantas medianeiras baleiras que hai ao longo e ancho da nosa urbe. Nesta sexta edición, un total de 16 espazos será revitaliazdo por artistas tanto locais como internacionais, chegando así ao centenar de obras destas características.

En canto ás novidades da edición conmemorativa do XX aniversario de O Marisquiño, están pendentes de confirmación as datas de celebración á espera de que se pechen proximamente os calendarios definitivos das tres probas mundiais que se celebrarán en Vigo, Skate, Dirt Jump e Basket 3×3. Espérase que as respectivas federacións internacionais anuncien proximamente as datas e póidanse pechar as do festival vigués. Lembrar que O Marisquiño coincidirá este ano coa celebración dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, que contará por primeira vez no seu programa con probas de Skate e Basket 3×3, ademais doutra habitual como o BMX.