H4, luxo accesible no Morrazo

Lonxe do bulicio pero preto de todo, o H4 Cangas converteuse nun lugar recurrente para quen busca unha escapada con encanto nas Rías Baixas. Cunha piscina única na zona, un restaurante que aposta polos sabores do mar e instalacións renovadas, este hotel de tres estrelas supera expectativas.

Fotos: Paula Cermeño

A só dez minutos do centro de Cangas, o suficiente para escoitar os paxaros e non o tráfico, atopamos o hotel H4 Cangas, un establecemento que renaceu por completo nos últimos anos, transformado nunha boa opción para quen busca alternar momentos de praia con calma e desconexión.

H4 Cangas dispón de cincuenta cuartos, entre os que atopamos desde as acolledoras opcións Premium, con vistas á piscina, ata as luxosas estancias Deluxe, con bañeira para unha escapada romántica. Ademais, tamén conta con tres apartamentos con capacidade para catro persoas. Está cualificado como un hotel de tres estrelas, pero pode presumir de instalacións actualizadas que o fan atractivo para quen busca unha experiencia exclusiva, cómoda e tranquila a un prezo competitivo. Se buscamos subir de nivel a nosa estadía, podemos reservar unha masaxe ou pedir que nos organicen unha saída en barco pola ría ou ao campo de golf.

Un dos tesouros máis prezados do H4 Cangas é a súa piscina, pois é o único hotel en Cangas con esta instalación. Conta cunha zona de recreo con céspede natural, hamacas, parasoles e un pequeno bar, con zonas para adultos e nenos. A boa nova é que non precisamos hospedarnos no hotel para poder desfrutala, xa que basta con chamar por teléfono e reservar un day pass para pasar a tarde a remollo. Tamén o seu restaurante, bautizado como Ozio, está aberto tanto a hóspedes como a visitantes. A carta non é moi longa pero si variada. Atopamos pratos universais, como hamburguesas e pasta; guisos reconfortantes, como o xarrete estufado; e unha gran presenza de peixes e mariscos, tan procurados por quen visita Galicia. Zamburiñas, robaliza, polbo á feira, pescada ou crema de berberechos son algúns exemplos do que podemos compartir nunha mesa do tranquilo xardín.

H4 Cangas é, ademais, un espazo cobizado para celebrar eventos privados, como vodas, bautizos ou congresos. Dispón de dous salóns e un gran xardín perfecto para celebracións ao aire libre. A zona exterior, bautizada como a veciña praia de Nerga, conta cunha gran carpa, todo o mobiliario preciso e ata unha pequena piscina privada instalada nun antigo contedor. O propio hotel tamén organiza concertos e monólogos no xardín durante o verán, abertos ao público e que se anuncian nas súas redes sociais.

Lugar: Rúa da Granxa, 34. 36949 Cangas
Distancia desde Vigo: 31 km
Prezo: Desde 112,00 €
Arredores que visitar: praia de Nerga, praia de Castiñeiras, senda costeira de Areamilla, barrio do Outeiro, mercado de abastos.
Información e reservas: 986 12 30 09 | hotelesh4.com | @h4_cangas

*Contido patrocinado