Guía práctica do Nadal de Vigo 2025

Hoxe, sábado 15, ás 20:00 encendeuse o Nadal en Vigo. A partir dese momento e ata mediados de Xaneiro, once millóns e medio de LEDS van deslumbrar a locais e visitantes. As principais novidades van ter lugar na contorna de Vialia onde se van instalar dúas pistas de xeo, un tobogán xigante e un mercado e en Bouzas que contará tamén co seu propio mercado de Nadal. Aquí deixamos unha pequena guía con todas as atraccións, actividades e planificación de tráfico para este nadal en Vigo.

O horario da iluminación de Nadal será de domingo a mércores de 18.00 a 1.00 horas, xoves a sábado, días festivos e vésperas de festivos de 18.00 a 4:00 horas, e as noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro, e noites do 1, 5 e 6 de xaneiro as luces permanecerán acesas toda a noite.

Con corenta e catro metros de altura e coroada por unha estrela de dezanove metros, a árbore situada na Porta do Sol, volve ser un dos puntos clave do Nadal en Vigo. As bandas sonoras de clásicos de Nadal e o encendido das luces son o punto de partida de todas as celebracións destas datas. Este ano parece que non se podía facer máis grande a árbore ni a estrela que a coroa.

Outro dos clásicos é a gran nora de 60 metros de altura, que desta vez vai acompañada dunha máis pequena para o público infantil.
Horarios:
-Luns a xoves de 17:00 h a 22.30 h, ata o 21 de decembro. Desde esa data o peche será ás 23:00 h
– Venres, sábados e véspera de festivo de 11:00 h a 00:30 h.
-24 e 31 de decembro de 11:00 h a 20:00 h horas.
-5 de xaneiro de 11:00 h a 22:00 h horas.

Prezos:
-Ordinario: 6,00 €
-Pass Vigo: 5,00 €
-Persoas con mobilidade reducida ou menores de 6 anos xunto a acompañantes, familia numerosa, e maiores de 65 anos: 3,75 €

Prezos da mini-nora e outras atraccións do Areal:

-Ordinario: 4,00 €
-Persoas con mobilidade reducida ou menores de 6 anos xunto a acompañantes, familia numerosa, e maiores de 65 anos: 2,50 €

Volve o Cíes Market con espazos abertos ao público da contorna da Praza de Compostela, na rúa Areal e nos xardíns Echegaray. Como o ano pasado, no Calvario e en Bouzas haberá tamén mercados temáticos e actividades. Este ano a novidade é a do espazo do Centro Comercial Vialia, onde tamén se espallan os mercados de Nadal e actividades deportivas.

Mantén os dous percorridos do ano pasado, un con saída desde a praza de Compostela e outro desde a praza de Independencia.

Percorrido 1: Praza de Compostela Nº 6, Reconquista, Policarpo Sanz, Colón, Urzaiz, Plaza Fernando Católico, Gregorio Fernández, Vía Norte, Urzaiz, República Argentina, García Barbón, Policarpo Sanz, Velázquez Moreno e Praza Compostela nº6.

Percorrido 2: Pintor Lugrís, Plaza Independencia, Avenida Camelias, Plaza de América, Lopez Mora, Camelias, Alvaro Cunqueiro, Camelias, Plaza Bicentenario, Camelias, Romil, Pi y Margall, Lopez Mora, Pintor Lugris.

Horario:
-Laborais desde ás 17:00 h cada trinta minutos
-Fins de semana ás 11:00 h cada trinta minutos

Prezo (aínda por confirmar):
-Ordinaria: 6,00 €
– PassVigo: 5,00 €
-Infantil (ata 11 anos): 4,00 € 
-Maiores de 65 anos e persoas con mobilidad reducida: 5,00 €
-Mobilidade reducida ou discapacidade do 33%: 5,00 € e gratuito para acompañante

O Nadal Bus realizará un percorrido circular de aproximadamente 40 minutos, con saída e chegada en Urzáiz – Príncipe (A Farola).

Percorrido: Urzáiz – Príncipe (A Farola), Urzáiz, Gran Vía, Praza de España, Praza de América (volta á praza), Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, República Argentina, García Barbón, Colón, Urzáiz – Príncipe (A Farola), Urzáiz/Vialia e Choróns.

Horario:
– De domingo a xoves: 18:30 h, e só do 19 decembro ata o 4 de xaneiro ás 19:30 h
– Venres, sábados e vísperas de festivos: 18:30 h, 19:30 h y 20:30 h

Prezos:
– Normal: 9,00 €
– PassVigo: 5,00 €

Tanto a Naviera Nabia como Mar de Ons volven a ofrecer a oportunidade de gozar das festas desde a ría. O barco solidario de Nabia sairá a partir do domingo 16 de novembro do Peirao de Trasatlánticos ás 19:00 h e ofrece unha viaxe na que degustaremos un chocolate con churros e os pequenos poden escribir a carta a Papa Noel. O Barco do Nadal de Mar de Ons arranca o sábado 22 as viaxes nas que se ofrece un viño quente, pastas, moita diversión e este ano a posibilidade de degustar unha sabrosa cea a bordo!

Viaxe a Polaris será a función do circo de nadal deste ano. Un espectáculo de maxia, teatro visual e música, con acrobacias, humor e destelos de luz que contan unha viaxe ao sentido do Nadal. Estará na Avenida de Castelao en Coia, do 29 de novembro ata o 11 de xaneiro do 2026. Na súa web está toda a información sobre datas e reservas.

Aqueles que desfruten deslizándose polo xeo teñen como cada ano unha cita en Samil. A pista de patinaxe e karts abrirá o venres 29. Ademais de Samil, este ano tamén a praza pública de Vialia contará cunha pista de xeo, para quen non queira moverse ata a praia. Tamén haberá unha pista infantil máis pequena en Vialia.

Miles de Papa Noel en moto volverán encher as rúas da cidade o sábado 20 de decembro, na 15 edición, que sairá de Navia ás 16:00 h en dirección ao centro da cidade. O único requisito para poder participar e ir correctamente ataviado e levar un kilo de comida para doar ao Banco de Alimentos.

Non pode faltar para despedir o ano, un pouco de deporte nun dos eventos máis recomendables para amantes das maratóns. O último día do calendario milleiros de corredores atravesarán as rúas da cidade disfrazados e con ganas de pasalo ben, e tamén axudando na doazón de comida ao Banco de Alimentos, obrigatoria para participar.

O Concello xa anunciou que este ano volve a repetir a fórmula de cabalgata estática durante a mañá e as primeiras horas da tarde o 5 de xaneiro e cabalgata dinámica desde Coia ata o centro de Vigo pola tarde.

Para lidiar co caos de tráfico que supón ás decoracións e as cantidades de visitantes á cidade, o concello plantexa un plan para indicar os cambios en vías e normas de tráfico segundo a afluencia de cada día. Básicamente hai marcados no calendario os días de afluencia moderada, alta e moi alta.

Igual que o ano pasado, o concello terá dispoñible un permiso para residentes que necesiten entrar por rúas cortadas. Non é obligatorio levalo, pero recomendable para facilitar o traballo á policía que regule o tráfico.

Días de Afluencia Moi Alta: haberá moitos cambios de sentido de rúas grandes para a entrada á cidade, algúns días nunhas outros noutras, e quedará prohibida a circulación polo centro; a excepción de residentes.

Días de Afluencia Alta: se cumpren moitas das restriccións no centro que nos días de afuencia moi alta, e o acceso pola AP-9V se realizará polas saídas sinalizadas na propia autovía.

Días de Afluencia Moderada: Se replicarán algunhas das restriccións, pero dependendo da situación haberá flexibilidade en canto ao cando e onde.

REVISTA NADAL

Este sería o calendario segundo os datos do concello: