Guía de verán para a cativada de Vigo
O verán en Vigo chega cunha morea de propostas para que as crianzas aproveiten as vacacións. Museos, bibliotecas, parques e centros culturais organizan durante xullo e agosto unha ampla programación de obradoiros, visitas guiadas, espectáculos, campamentos e actividades ao aire libre pensadas para todas as idades. Nesta guía recompilamos unha lista de plans para facer toda a familia.

MARCO
O MARCO organiza durante o mes de xullo unha programación especial de verán con actividades gratuítas para público infantil, familias e grupos. A proposta inclúe obradoiros creativos, laboratorios artísticos e visitas participativas inspiradas nas exposicións do museo, onde as crianzas poderán experimentar con diferentes técnicas, materiais e formas de expresión artística.
- Os obradoiros infantís están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 6 anos e celebraranse os martes, mércores e venres do 7 ao 31 de xullo, de 12:00 a 13:30 h.
- Pola súa banda, os Laboratorios Artísticos terán lugar os xoves, do 9 ao 30 de xullo, de 11:30 a 13:00 h, e están pensados para participantes a partir de 7 anos, que poderán asistir sós ou acompañados por persoas adultas.
Todas as actividades son gratuítas, pero requiren inscrición previa por correo electrónico (recepcion@marcovigo.com) ou no teléfono 986 113 900.

SALINAE
Durante os meses de xullo e agosto, o Centro Arqueolóxico do Areal Salinae ofrece unha programación gratuíta para familias con obradoiros e visitas guiadas para achegar ás crianzas á historia da antiga Roma a través do xogo e da experimentación. Todas as actividades requiren reserva previa.
Martes ás 11:30 h | Entre túnicas e cascos (5-7 anos)
As crianzas descubrirán como vestían os romanos e romanas e elaborarán o seu propio casco de lexionario para levar á casa.
Xoves ás 11:30 h | SalinArt (5-7 anos)
Un obradoiro para coñecer como funcionaban as antigas salinas e crear unha pequena obra de arte con sal de cores.
Sábados ás 11:30 h | Xogando na Antiga Roma (a partir de 6 anos)
Unha actividade para descubrir os xogos da época romana e fabricar un xogo tradicional para levar á casa.
Mércores, venres e domingos ás 11:30 e 12:30 h | Baixo os nosos pés (a partir de 8 anos)
Visita guiada ao xacemento de Salinae para coñecer a única salina romana de evaporación solar musealizada do antigo Imperio Romano.
MUSEO DO MAR
Durante os meses de xullo e agosto, o Museo do Mar tamén organiza unha programación especial para familias con visitas guiadas e actividades temáticas arredor da historia, a arqueoloxía e o medio mariño. As propostas están adaptadas por idades e requiren reserva previa. O pago será a entrada do museo (sendo gratis para os menores de 8 anos, inclusive).
Martes e sábados ás 11:30 h | Descubrindo o noso acuario (a partir de 5 anos)
Unha visita para coñecer de preto os peixes, crustáceos e moluscos que habitan o acuario do museo e descubrir curiosidades sobre as especies mariñas.
Mércores ás 11:30 h | Viaxe á Prehistoria (4 a 7 anos)
As crianzas viaxarán á Prehistoria para descubrir como vivían os primeiros habitantes e crearán o seu propio recipiente de barro.
Xoves ás 11:30 h | Faros (4 a 7 anos)
Unha actividade para descubrir como funcionan os faros e a súa importancia na navegación, que remata coa creación dun pequeno faro para levar á casa.
Venres ás 11:30 h | Gabinete Científico: Fósiles (a partir de 8 anos)
Un obradoiro para descubrir que son os fósiles, como se formaron e elaborar unha reprodución para levar como recordo.
Domingos ás 11:30 h | Explorando o noso mar (a partir de 8 anos)
Un percorrido entre o acuario e a aula didáctica para coñecer a biodiversidade das rías galegas dunha forma participativa.
De martes a domingo ás 17:30 h | Un paseo polo mar (a partir de 8 anos)
Unha visita guiada polas salas do museo para descubrir a historia marítima de Galicia, o patrimonio mariñeiro e a relación do noso territorio co mar.

BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN COMPAÑEL
A Biblioteca Pública Juan Compañel organiza durante o mes de xullo obradoiros de verán para nenos e nenas de 4 a 8 anos. As actividades inclúen propostas de lectura, contacontos, música, artesanía e idiomas, cun horario de 9:00 a 14:00 h.
Os obradoiros desenvólvense por quendas semanais (6-10, 13-17, 20-24 e 27-31 de xullo) e cada participante poderá inscribirse nunha única quenda. As prazas son limitadas e a inscrición realízase na propia biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

MUSEO LISTE
O Museo Liste Etnográfico de Vigo organiza durante todo o mes de xullo unha programación especial de actividades didácticas para nenos e mozos de entre 3 e 16 anos. A proposta inclúe obradoiros, visitas e xogos arredor da historia, a etnografía, os oficios, a escritura, a orientación ou os códigos, adaptados a diferentes franxas de idade. O prezo é de 2 euros por participante e é preciso realizar inscrición previa ata o día anterior á actividade ou ata completar aforo.
- 22 de xullo – Dende as lentes de Castelao: achegamento á sociedade galega de comezos do século XX a través da figura de Castelao.
- 24 de xullo – Aprendiz de museólogo: os participantes coñecerán como se organiza e funciona un museo creando a súa propia exposición.
- 29 de xullo – Enigma: xincana para aprender a descifrar mensaxes e códigos secretos.

CC VIALIA
Todos os martes, Vialia organiza obradoiros e xogos para nenos e nenas de 3 a 12 anos. As actividades inclúen talleres creativos, xogos e outras propostas de lecer pensadas para que as crianzas se divirtan durante o verán.
Será necesaria a inscrición previa no punto de información de Vialia.
VIGO NATURE
Vigo Nature propón actividades arredor do medio ambiente. Todas as actividades requiren reserva previa: de luns a venres pode realizarse chamando ao 986 267 783 e as fins de semana directamente na billeteira do parque. Ademais, é necesario adquirir previamente a entrada de acceso ao parque. No caso do circuíto de tirolinas, dirixido a nenos e nenas de 10 a 14 anos, tamén é obrigatoria a reserva previa e a compra da entrada ao parque.
- 20-24 de xullo – Campamento Verán Xove: campamento urbano con actividades de natureza, ciencia e aventura.
- 20 de xullo – Arborismo: circuíto de tirolinas e retos de aventura para maiores de 10 anos.
- 21 de xullo – Lego Robotix: obradoiro de robótica con pezas de Lego inspirado na natureza.
- 25 de xullo – Minerais: descubre o mundo dos minerais e as súas propiedades.
- 25 de xullo – Fósiles: actividade para coñecer como se forman e identificar fósiles.
- 25 de xullo – Os animais do exotarium: achegamento ás especies exóticas do parque.
- 25 de xullo – Especies exóticas invasoras: aprende que son e como afectan aos ecosistemas.
- 26 de xullo – Obradoiro de pan: elaboración artesanal de pan e descuberta do proceso tradicional.
- 26 de xullo – Arborismo: circuíto de aventura con tirolinas e retos.
- 26 de xullo – Aves irrecuperables: encontro para coñecer as aves rapaces do parque e o seu labor de conservación.
- 26 de xullo – Escape room familiar: xogo cooperativo de enigmas e probas para toda a familia.
- 26 de xullo – O mundo dos reptiles: descubre curiosidades sobre serpes, lagartos e outros réptiles.
- 26 de xullo – Mírame ao grande: observación da natureza con lupas para descubrir o mundo microscópico.
- 26 de xullo – Herbario: crea o teu propio herbario e aprende sobre as plantas do parque.
- 27-31 de xullo – Campamento Verán Xove: nova quenda do campamento urbano de verán.
- 27 de xullo – Arborismo: actividade de aventura entre árbores e tirolinas.
- 30 de xullo – Obradoiro de cerámica: modelado en barro e creación dunha peza propia.
- 30 de xullo – Horta san, plantas ao rescate: aprende a coidar a horta de forma natural.
- 30 de xullo – Enxeños na horta: experimentos e inventos para traballar na horta de maneira sostible.
Consulta a axenda completa do parque AQUÍ
PROGRAMA MUSEOS EDUCA
A Rede de Museos do Concello de Vigo organiza durante o mes de xullo unha programación de obradoiros infantís, visitas guiadas e actividades especiais nos seus distintos espazos expositivos. A oferta inclúe propostas para diferentes idades no Museo Quiñones de León, a Casa das Artes e a Pinacoteca Fernández del Riego, con actividades arredor da arte, a creatividade e o patrimonio. As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa a través da plataforma Museos Educa.
Campamentos e obradoiros
21-24 de xullo | 10:30-13:30 | Museo Quiñones de León
O gran teatro de Castrelos. Obradoiro que combina teatro, danza e expresión corporal para descubrir a historia do pazo.
28-31 de xullo | 10:30-13:30 | Museo Quiñones de León
Castrelos, cámara e acción. un obradoiro, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, co obxectivo de descubrir a historia de Castrelos a través da fotografía, experimentando con distintas técnicas e creando unha exposición colectiva final.
Visitas guiadas
Todos os mércores | 18:00 e 19:30 | Casa das Artes
Colección Municipal de Arte Galega (CMAG). Visitas comentadas á colección permanente.
Todos os venres | 18:00 | Pinacoteca Fernández del Riego
Nova colección Colmeiro. Visita guiada á exposición.
Todos os venres | 19:30 | Pinacoteca Fernández del Riego
“Fráxil, fácil, núbil. 40 debuxos”, de Francisco Miguel.
22 de xullo | 18:00 | Casa das Artes
“O mar tamén é noso”, de Alicia Framis. Visita guiada coa comisaria Paula Cabaleiro
Obradoiros CMAG
30 de xullo | 11:00-13:00 | Casa das Artes
Viaxe polo océano de Lugrís. Actividade creativa para nenos e nenas de 9 a 12 anos.
23 e 31 de xullo | 11:00-13:00 | Casa das Artes
Obxectos que contan historias. Obradoiro para descubrir a arte a través das pezas da colección.
24 de xullo | 11:00-13:00 | Casa das Artes
Cazadores de texturas. Proposta artística para experimentar con materiais e superficies

VISITAS TEATRALIZADAS Á VILA ROMANA DE TORALLA
Os xoves de xullo (23 e 30), a vila romana de Toralla recibe visitas guiadas para coñecer como se desenvolvía a vida da época romana nela. Os figurantes vestidos con roupaxe da época, recrean distintas escenas cotiás como a venda de escravos ou a loita de gladiadores. Haberán dous pases, un ás 20:00 h e outro ás 21:00 h. A entrada é libre ata completar o aforo.

FORTLEZA DO CASTRO
En busca dos edificios perdidos | Todos os domingos | 11:00-12:30
Un percorrido en familia para descubrir, a través de xogos e pistas, a historia da Fortaleza do Castro e os seus edificios desaparecidos. Dirixido a familias con nenos e nenas a partir de 5 anos. É necesaria inscrición previa AQUÍ.

PROGRAMACIÓN INFANTIL DE CASTRELOS
A programación infantil do Auditorio de Castrelos para este verán inclúe os seguintes espectáculos gratuítos pensados para as familias e a cativada:
20 de xullo | 20:00 | El traje del emperador
Adaptación teatral do clásico conto de Hans Christian Andersen, cun espectáculo para toda a familia.
3 de agosto | 20:00 | El Payaso Tallarín
Un espectáculo musical inspirado nas cancións de Cantajuego, con humor, baile e participación do público infantil.


