Plans para gozar do Entroido en Vigo

Esta guía reúne os plans máis destacados para gozar do Entroido en Vigo, desde desfiles de comparsas e animación de rúa ata actividades familiares, concertos, concursos, obradoiros, xogos e chocolatada.

Actividades do Concello

A programación pública inclúe actividades do venres 13 ao mércores 18 centradas especialmente no público familiar. Destacan o concerto da orquestra París de Noia, o venres; o gran desfile do concurso de comparsas, o sábado; o concerto de Uxía Lambona e chocolatada, o domingo; e a banda de gaitas da ETRAD, o mércores. O programa completo pode verse neste artigo.

Merdeiros

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura. Desde hai máis de dúas décadas, a Asociación Etnográfica A Merdeira traballa para recuperar a súa figura e instaurala novamente nesta celebración tan festiva. Volverán facer das súas polas rúas e prazas da zona vella no serán do venres 13 (desde as 17:30 h), na mañá e tarde do domingo 15 e do martes 17 (ambos días a partir das 11:00 h e das 17:00 h).

Centros comerciais

  • C.C. Gran Vía: o vindeiro venres 13 de febreiro, ás 18.00 horas, a Planta 2 do Centro Comercial Gran Vía acollerá o espectáculo infantil Ramona Órbita, a dona do tempo, da man de Pakolas e Laura Romero.
  • C.C. Camelias: o espírito do Entroido chega a Camelias cunha festa temática inspirada no universo Star Wars o martes 17 de febreiro, con actividades gratuítas como desfile, xogos, música en directo e servizo de caracterización infantil.
  • C.C. A Laxe: celebrará os días 16 e 17 de febreiro o Entroido do Circo, unha proposta dirixida ao público infantil e familiar que combina festa, xogos participativos, maquillaxe e espectáculos de humor e circo.

Centros culturais de Cabral

Festa de Entroido infantil o martes 17 desde as 17:30 h. Haberá desfile con diferentes categorías, xogos, xogos musicais, animacións e baile.

Obradoiro de iniciación á maxia

O luns 16 de febreiro, ás 12:00h, en Magia en la Manga, aprende en familia os segredos mellor gardados dos ilusionistas! Con todo o material incluído e da man de auténticos magos profesionais. Máis información e inscrición aquí.

Biblioteca Juan Compañel

  • Entroido forestal bailando na chousa: Contacontos e música con Anxo Moure o sábado 14 de febreiro, ás 12h. Baseado na historia dos animais da chousa, que se xuntan para chamar a primavera no Entroido Forestal pe que entre a pintar de cores a natureza. Para nenos a partir de 4 anos e con nscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.
  • Obradoiro de Entroido: ‘Festum’: 16, 17 e 18 de febreiro, de 10:00 a 14:00 h. Obradoiro no que se coñecerán e celebrarán diferentes propostas de entroidos do mundo: festival do xeo en Xapón, a tomatina de Buñol, o festival dos farois en Thailandia, o Entroido de Río de Xaneiro, o festival Holi indio e outros. Inscricións a partir do 3 de febreiro na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Doroxo Presbiçian + Festa de Entroido

Concerto e festa de disfraces con sorteos o sábado 14, ás 22:15h, na Fábrica de Chocolate. Doroxo Presbiçian presentan o seu traballo “bla bla bla”, un paso máis na evolución artística da banda de rock galego contemporáneo. Máis información e entradas.

Concerto de Entroido

O Conservatorio Superior de música de Vigo convida a asistir disfrazados a un concerto con temática de entroido o xoves, 12 de febreiro, ás 20:00h. A entrada é libre.