Guía completa de actividades para conmemorar o 8M en Vigo
Vigo reivindica o 8M cunha ampla programación cultural, social e feminista. A cidade conmemora o Día Internacional da Muller cunha axenda que abrangue exposicións, recitais, xornadas de reflexión, actividades familiares, mobilizacións, música, teatro e mesmo unha travesía marítima con perspectiva de xénero. Preme no título de cada actividade para máis información.
ÉRGUETE – Do 2 ao 6 na Fundación Érguete – De balde
A entidade viguesa organiza cinco actividades esta semana, unha por día, para visibilizar os retos que afrontan as mulleres con problemas de adiccións ao acceder a servizos asistenciais. O venres celebrarán unha performance nas rúas do Calvario.

FESTIVAL SON MULLER – Conservatorio Superior de Música
O Conservatorio Superior de Música de Vigo adica unha parte da programación do festival Nas Ondas ao talento feminino. Programarán unha exposición itinerante a partir do día 3, dous concertos baixo o título Entre notas e silencios: Mulleres na música, con repertorio composto exclusivamente por mulleres, un concerto-coloquio de clarinetistas e o recital de poesía musicalizada Mulleres de música e palabra.
Xornada de análise sobre a situación migratoria en Galicia dende unha perspectiva social e de xénero composta por tres mesas redondas.
PROGRMACIÓN MUNICIPAL – Do 5 ao 25, no Auditorio do Concello e outros espazos – De balde
Durante tres semanas o Concello organiza actividades variadas como o concerto de Gala e Ovidio, os espectáculos Od(i)osa, A Historia Vaxenial, Matres e Señores, o Roteiro guiado Sons de Mulleres, a Gala de entrega do XIV Premio de Igualdade Ernestina Otero ou as xornadas formativas A igualdade e o feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos.

O colectivo de escritoras Desafiando Sombras, fará unha lectura de poemas de autoras esenciais á que sumarán textos propios, nun acto que animará ás persoas asistentes a ler textos de mulleres activistas do feminismo de todos os tempos e que estarán á súa disposición no local.
MULLERES BRAVAS – Venres 6 en Acuidarth e o CS A Nubeira
Xa están en Galicia as Mulleres Bravas de Honduras para comezar a súa visita por terras galegas e compartir as súas experiencias de loita polo territorio e os dereitos das mulleres. Compartirán un xantar ás 12:00h en Acuidarth e un faladoiro aberto ás 16:30h na Nubeira.
EXPOSICIÓN ‘NOSOTRAS’ – Venres 6 ás 11:30h no Centro Comercial A Laxe – De balde
Desde a Asociación de Saúde Mental DOA e o Contro Comercial A Laxe queren convidar á inauguración da exposición “Nosotras”, de consignas feministas. As mulleres do centro crearon a súa propia manifestación e animan a participar nela
CONTACONTOS – Venres 6 ás 18:30h en Mi Rincón Favorito – De balde con reserva de praza
Contada con temática feminista da historia Quiero ser yo para siempre! a cargo da súa autora, Marta Eijo González.
EXPOSICIÓN ‘ELLAS’ – Desde o venres 6 ás 20:30h en Quadro – De balde
Como cada marzo, Quadro abre as súas portas ás artistas. O venres inauguran a exposición colectiva “ELLAS”, na que contarán con 18 grandes artistas, todas elas mulleres, que encherán a microgalería coa súa arte. Pode verse ata o 27 de marzo.
ACTIVIDADES NOS MUSEOS – Sábado 7 e domingo 8 – De balde
Os centros de arte municipais acollen tres actividades con motivo do día da muller. O sábado 7 terá lugar o taller familiar Supermulleres no cómic na Pinacoteca F. Fernández del Riego ; o domingo 8, ás 10:00h haberá unha visita especial ao museo Quiñones de León centrada en coñecer As mulleres de Castrelos (en A Movida temos unha reportaxe sobre o tema) e ás 11:30h, o museo acollerá unha exhuibición de danza contemporánea.

8M EN FREIXO – Sábado 7 ás 17:00h na Biblioteca de Freixo – De balde
A asociación veciñal de Freixo organiza un encontro para soñar o futuro das mulleres do barrio.
Haberá mesa redonda, foliada e chocolatada.
PIRATAS DE NABIA: MULLERES DE SÁLVORA – Domingo 8 ás 10:00h desde o porto de Bueu
Piratas de Nabia conmemora o 8M cunha viaxe especial en homenaxe ás mulleres de Ons e Sálvora para render homenaxe ás mulleres que formaron parte da historia e da vida cotiá das illas a través de rutas guiadas con divulgación histórica en clave de xénero.
MICRO ABERTO E XANTAR NA MORADA – Domingo 8 de 12:00 a 20:00h en A Morada – De balde
Como cada ano, A Morada abre as súas portas desde a mañá para facer a previa da manifestación. A proposta é pasar o día xuntas: a partir das 12:00 haberá vermú, micro aberto e xantar comunitario de curri vegano a prezo popular. Tamén convidan a participar na pancarta-tear que están confeccionando coas achegas de todas. Ás 17:00h sairán camiñando ata a manifestación convocada por Resposta Feminista na Praza dos Cabalos.

MANIFESTACIÓN – Domingo 8 ás 18:00h
Baixo o lema Fronte ao medo e o facismo, e resistencia é feminismo, a marcha, organizada desde a plataforma Resposta Feminisma transcorrerá desde a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Amigas das Árbores, Beiramar da Xente e As Ninguéns, galardoadas nos premios Antiviguesas Distinguidas - 12 Marzo, 2026
- O Celta busca a camiseta que Madonna vestiu no concerto en Vigo de 1990 - 4 Marzo, 2026
- Dolores Ribaldo, a nova libraría alternativa de Vigo - 4 Marzo, 2026
- Guía completa de actividades para conmemorar o 8M en Vigo - 3 Marzo, 2026
- Artistas que rompen fronteiras - 25 Febreiro, 2026


