Gran presenza viguesa entre os finalistas dos Premios Martín Códax da Música

Este mércores anunciáronse os proxectos que optan a gañar na gala final da XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, organizados pola asociación Músicas ao Vivo, e que terá lugar o vindeiro 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un xurado profesional formado por cinco especialistas vinculados á música elixiu os 48 proxectos que optarán aos premios nas diferentes 15 categorías musicais, artista emerxente e organistrum.

Arriba: Michu da Rocha, Stoned at Pompeii; abaixo: Marta Vidal e Abril

Ao acto,  celebrado na terraza das Bodegas Martín Códax, acudiron os 57 finalistas que pasan á segunda fase de votación ademais de representantes das institucións colaboradoras nestes galardóns. 48 proxectos escollidos por un xurado profesional de renome formado pola pianista e investigadora artística María Domínguez, a artista Blanca Pereira, coñecida como Rumia, o guitarrista da banda Brutal, Isidro Otero, o xornalista Luis Pardo, e a xestora cultural Marta Horjales.  A partir do 7 de maio, o público e os socios e socias de MAV (Músicas ao Vivo) poderán elixir os seus proxectos favoritos desde a páxina web.

MILLO VERDE

Entre os artistas vigueses e da contorna seleccionados atopamos a Sabela Cereijo, Guilherme Zapata, Borken Peach, Stoned at Pompeii, Hugo Guezeta, Manuel Cebrián, Nadadora, Montedapena, Michu da Rocha, Alejo Amoedo, Raze, Marta Vidal, Golfiños, Ollo Piollo e Abril. Na categoría Organistrum tamén temos ao xornalista Rodri Míguez, o Festival Alternativo Millo Verde de Redondela e a sala La Fábrica de Chocolate.

Dentro das 15 categorías musicais, artista Emerxente e organistrum, os proxectos seleccionados foron os seguintes:  

  • METAL E HEAVY: Urko, Keepers e Talesien
  • CANCION DE AUTOR/A: Antía Muíño, Sangre de Muérdago e Zeltia Irevire
  • BLUES, FUNK E SOUL: Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata
  • ELECTRÓNICA: Galician Army, Kike Varela e Løch
  • ROCK E PUNK: Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii
  • MÚSICAS URBANAS: Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedollop
  • ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula
  • MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza
  • JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: Xan Campos “Amorodios”, María Toro e Manuel Cebrián-punctum
  • POP E INDIE: Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha
  • MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico
  • MÚSICA INFANTIL: Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños
  • MÚSICA FOLK: Abril, Alana e Guezos
  • MÚSICA TRADICIONAL: Unto Vello, Donicelas e Carapaus
  • BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda de Música Municipal de Celanova, Banda Da Escola Municipal De Música De Oleiros e Banda De Música Xuvenil De Torroso
  • ARTISTA EMERXENTE: Raze, Lula Mora e Apolo18

Premios Organistrum:

  • Organistrum COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: Galicia En Concierto, A Canle De Rodri Míguez e Fogar dos Festivais
  • Organistrum FESTIVAIS: Festival Arteficial, Surfing the Lerez  e Festival Alternativo Millo Verde
  • Organistrum SALAS: Sala Capitol, La Fábrica de Chocolate e Krazzy Kray!

O premio honorífico Músicas ao Vivo, destinado a distinguir unha traxectoria de especial relevancia para a música galega, desvelarase nas seguintes semanas.