BIBOPALULA

Goza dun verán dentro da auga co campamento de Surf Vigo

Se buscas un campamento no que estaren contacto co mar cada día, Surf Vigo é a opción máis axeitada. Este campamento que se desenvolve na praia de Bouzas ofrece a posibilidade de explorar o litoral galego a través de emocionantes actividades como ocaiac, paddle surf, o snorkel e o surfskate, que se combinan con xogos e obradoiros ao aire libre, excursións e descansos na praia

As actividades desenvólvense de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00/15:00 horas, desde o 23 de xuño ata o 12 de setembro. Ofrécese servizo de madrugadores en horario de 8:00 a 10:00 h e, de 14:00 a 15:00 h, servizo de recollida.

O campamento está situado nun lugar privilexiado, rodeado de impresionantes praias e calas de augas cristalinas. Terán á súa disposición os equipos necesarios para cada unha das actividades e contarán coa guía de monitores experimentados que axudarán a mellorar as nosas habilidades. Ademais das actividades acuáticas, gozaremos dunha variedade de xogos, talleres e actividades ao aire libre, incluíndo paseos polos carreiros próximos e visitas a lugares de interese. Tamén haberá tempo libre para gozar da praia e relaxarse.

Este campamento é unha oportunidade para explorar a fermosa costa galega, descubrir a vila de Bouzas, coñecer novos amigos e gozar dunhas vacacións inesquecibles.

Surf Vigo nace en 2015 cunha idea clara: ser unha escola diferente, onde o mar sexa o eixo principal de cada experiencia. Desde os inicios apostaron por actividades frescas e orixinais que combinan aventura, educación e respecto pola contorna. Gimkanas, talleres de algas, campamentos, pádel ioga… Cada actividade foi unha oportunidade para compartir a súa paixón e conectar con persoas que, como eles, aman o mar.

Contan cos mellores profesionais do sector en diferentes áreas, asegurando a maior calidade na formación. Psicoloxía, educación no tempo libre, primeiros auxilios, medio ambiente e, por suposto, deportes como o pádel surf e o surfskate, son algunhas das disciplinas que os alumnos aprenderán da man de expertos con experiencia e paixón polo ensino.

1 semana : 150€
2 semanas : 280€
3 semanas : 360€
4 semanas : 450€
—-
2irmáns (1 semana) : 280€
2 irmáns (2 semanas) : 450€

Este campamento que se desenvolve na praia de Bouzas ofrece a posibilidade de explorar o litoral galego a través de emocionantes actividades como ocaiac, paddle surf, o snorkel e o surfskate, que se combinan con xogos e obradoiros ao aire libre, excursións e descansos na praia.

REVISTA XUNHO

Datas: 23 de xuño a 12 de setembro
Horario: 8:00 h a 15:00 h
Idade: 8 a 16anos
Prezo:
Desde 150,00 € por semana
Enderezo: Rúa de Santa Ana, 9 baixo
Contacto: 698182287
Web: Preme aquí