CASAACUNHA

!!!, Glenn Hughes, Curtis Harding e Julieta Venegas encabezan o Festival TerraCeo

O Festival TerraCeo chega a sua cuarta edición este ano convertido xa nun habitual da programación musical estival viguesa. Julieta Venegas, Glenn Hughes, Curtis Harding, !!! (Chk Chk Chk), Arde Bogotá ou María José Llergo son algúns dos artistas máis destacados desta edición, que irá sumando máis nomes nos próximos meses. As entradas xa están á venda cun 20% de desconto.

Foto promocional de Curtis Harding | Matt Correia

O Festival TerraCeo xurdiu durante a pandemia como un evento ao aire libre con concertos programados dende finais da primaveira ata o final do verán. A clave do éxito foi a ubicación na espectacular terraza do Auditorio Mar de Vigo, xusto no momento do solpor, co sol caendo sobre a Ría de Vigo e as Illas Cíes. En 2022 foron 9.000 espectadores os que se achegaron para ver os concertos de Salvador Sobral, Soleá Morente, Lila Downs, Anni B Sweet, Taburete, Digitalism, Ángel Stanich ou Delafé y las Flores Azules.

Esta nova edición dará comezo o 12 de maio con Depedro e contará con artistas como a estrela do soul Curtis Harding, a voz do rock do ex-vocalista e baixista de Deep PurpleGlenn Hughes, o pop/folk de Julieta Venegas, a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis, o electro-punk bailable dos !!! (CHK CHK CHK), o desert blues dos Tinariwen ou o folk de Chris Jagger. Contaremos tamén co mítico Pancho Varona, o indie-pop bailable de La La Love You, o rock de Arde Bogotá, o novo flamenco de María José Llergo, o rap de HARD GZ e o inclasificable trap de Boyanka Kostova.

TerraCeo tamén quere apostar por descubrir propostas máis descoñecidas e menos habituais. É o caso do colectivo de músicos Tuareg Tinariwen, fundados en 1979 e considerados pioneiros do desert blues e cun premio Grammy ao Mellor Álbum de World Music por Tassili. Outra das sorpresas que vai levar o público é a de Chris Jagger. O irmán de Mick Jagger segue a ser un descoñecido para o gran público, pero a súa mestura de blues, folk e country recorda a grandes nomes como Van Morrison.

E para deixar un sabor galego nos beizos, temos a Boyanka Kostova e HARD GZ. Sen ningún tipo de prexuízo, os Boyanka Kostova mesturan hip-hop e trap coa música galega tradicional. Unha proposta que está a causar sensación entre as novas xeracións, como tamén o está a facer HARD GZ, un rapeiro galego afincado en Barcelona. Con millóns de reproduccións en Spotify, este artista está a facerse un nome dentro da música urbana española.

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL TERRACEO

Maio:

   12 de maio – DEPEDRO
   13 de maio – GLENN HUGHES
   26 de maio – !!! (CHK CHK CHK)

Xuño:

   2 de xuño – PANCHO VARONA
   3 de xuño – ARDE BOGOTÁ
   30 de xuño – CURTIS HARDING

Xullo:

Banner A Movidiña

   1 de xullo – LA LA LOVE YOU
   7 de xullo – CHRIS JAGGER
   8 de xullo – JULIETA VENEGAS
   21 de xullo – MARÍA JOSÉ LLERGO
   22 de xullo – KITTY, DAISY & LEWIS
   25 de xullo – TINARIWEN

Setembro:

   22 de setembro – BOYANKA KOSTOVA
   23 de setembro – HARD GZ