CASTRELOS 25

Galerías Durán convértese nun museo durante un mes antes de pechar definitivamente

Durante todo o mes de xullo, de luns a sábado, as céntricas Galerías Durán acollerán nos seus locais as ilustracións, esculturas e fotografías de diferentes artistas locais. A iniciativa Art Vigo, promovida por Espacio Beny, funciona como unha despedida a este histórico espazo, que pronto será convertido nas oficinas dunha empresa enerxética.

As Galerías Durán entoarán o seu canto de cisne durante todo o mes de xullo. Antes de que comecen as obras para adaptar este céntrico espazo ao seu novo uso como oficinas, Espacio Beny organiza Art Vigo, un evento cargado de arte local do 1 ao 31 de xullo, de luns a sábado cun horario de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h. Nos seus múltiples locais, xa baleiros, estarán expostas as obras (ilustración, escultura, fotografía, pintura…) de ata 35 artistas da cidade. Pódese acceder ás galerías desde calquera das dúas entradas: Príncipe 51 e Velázquez Moreno 29.

Haberá, tamén, música en vivo baixo a programación de Vitruvia Café (que tamén están inmersos nun cambio de local). O grupo Gancho y Crochet actuará de balde o xoves 10 e Alfonso Medela Trío fará o propio o mércores 23 sobre as 19:30, con entrada a 15 euros. O Vitruvia tamén se encargará da parte hostaleira das galerías durante este mes.

As Galerías Durán non son o único espazo deste tipo na cidade que non está a pasar polo seu mellor momento. Vigo dispón de numerosas galerías espalladas por Gran Vía, Travesía, Urzaiz, García Barbón, Coia, O Calvario, Marqués de Valladares, Praza América, Camelias, Príncipe ou Colón, a maioría delas abertas entre a década dos sesenta e os oitenta. Os grandes cambios nas formas de consumo (compra en liña) e o nacemento doutras superficies, como grandes almacéns e centros comerciais, conseguiron que moitas galerías perdesen clientela e fosen esmorecendo, con locais baleiros e detidas no tempo. Outras das razóns que causaron este baleirado poden ser a ausencia de grandes franquicias de moda e restauración, estética anticuada, escaparates que non se ven desde a rúa, accesos pouco visibles, propiedade fragmentada e falta de inversión.

Galería no Calvario
RIO VERBENA

ANA UMA
ÁNGELES JORRETO
ARMANDO MARTÍNEZ
ARTURO DAPENA
AUGUSTO RODRÍGUEZ
BILLY KING
CHELO RODRÍGUEZ
CHITY BAO
COLECCIÓN BENY FERNÁNDEZ
COLIN BALDWIN
CONCHI CUADRADO
DIEGO LAGO
FERNANDO LAFUENTE
JACK ANDRIANO
JACINTO LARA
JAVIER BELLO
JAVIER PENA
JOSE BARREIRO
JOSE MIRANDA
JOSE PEROZO
JULIA BARREIRO
LILYA POBORNIKOVA
MARUXA VILAR
MAYTE PRIETO
MENCHU ABRIL
MERCEDES LENCE
MIGUEL LUBIANS
NANDO ÁLVAREZ
NOVA DORIA
OROZCO (BY PEPE LÓPEZ)
PURI DEL PALACIO
RICKY REESE
ROBERTO NOGUEIRAS
TINO CANICOBA
VIRGINIA ÁLVAREZ