CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Gaby Aragón fillo protagoniza o Circo de Nadal

Culturinvest presentará no barrio de Coia e baixo a súa gran carpa esta nova edición do Circo de Nadal, que contará con Gaby Aragón, fillo do mítico pallaso Gaby e sobriño de Fofó e Miliki. Este novo espectáculo será unha gran homenaxe aos Pallasos da Tele no 50 aniversario da chegada a televisión do Gran Circo de TVE. Podes mercar aquí as túas entradas.

Gaby Aragón estará acompañado de equilibristas, acróbatas, malabaristas, bailaríns e bailarinas, cantantes e un sinfín de artistas que o guiarán nesta homenaxe ao seu pai, Gaby. Este novo espectáculo, que terá a súa estrea en Vigo, esta pensado para a diversión de toda a familia xa que as cancións dos Pallasos da Tele unen a todas as xeracións.

CAMELIAS NADAL

Trátase dun espectáculo repleto de recordos no que soarán as cancións da familia Aragón interpretadas en directo: ‘Había una vez’, ‘La Gallina Turuleca’, ‘El Auto Nuevo’, ‘Cómo me Pica la Nariz’, ‘Hola Don Pepito’, ‘Susanita y su ratón’… e todas esas cancións icónicas, acompañadas de grandes atraccións de circo. A estrea terá lugar o sábado 30 de novembro e as funcións sucederanse ata o 12 de xaneiro. A información e os horarios pódese consult e na web do Circo.

A carpa estará situada, como outros anos, na Avenida de Castelao, en Coia. Ata o 28 de novembro haberá un desconto do 20% en todas as localidades, agás na fin de semana da estrea. Eses dous días, sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, o prezo das gradas laterais será de 10 € e as centrais de 15 €.

Os días nos que está aberto o circo son os seguintes: 30 de novembro; 1, 5, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20, 21, 22, 23, 25, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro; 1, 2, 3, 4, 5, 6, 10, 11 e 12 de xaneiro.