Füa Chaval, uniforme de superheroe
Füa Chaval é unha marca urbana, reivindicativa e cun punto canalla ideada polo vigués Javier Pereira e a compostelá Marta López.

Detrás de Füa Chaval están Javier Pereira, un enxeñeiro vigués que non é quen de quedar quieto, e Marta López, creativa, picheleira de nacemento e viguesa de corazón. Todo comezou tras unha operación de xeonllo de Javier. As horas de baixa facíanse longas e el empezou a debuxar e a crear as camisetas que quería poñer e que non estaban no mercado. Ao velas, a súa parella díxolle que eran incribles e que tiñan que vendelas. E o resto xa é historia!
Trátase dunha marca urbana, reivindicativa e cun punto canalla, que aposta pola autenticidade, a calidade e a cor en cada peza. A súa proposta de valor nace da necesidade de diferenciarse fronte a marcas planas e sen discurso nunha contorna onde expresarse con voz propia resulta cada vez máis incómodo, pero tamén máis necesario. A súa misión é sinxela: facer que sintamos o mesmo que sente un neno cando se disfraza de Batman cada vez que poñamos unha das súas camisetas.
Para coñecer todos os seus produtos, podemos visitar www.fuachaval.com e @fua_chaval ou achegarnos a El Arca de Noé, a mítica tenda de camisetas na Colexiata, e probar todas as que queiramos. Elixe o teu superpoder con Füa Chaval!

fuachaval.com | @fua_chaval
Estela Gómez
Correctora literaria e redactora de contidos
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Ortigha: Tecido de emocións - 29 Maio, 2026
- Dos Nudos: Catro mans, dous nós - 16 Abril, 2026
- A forza do delicado: as xoias de vidro de Toda Frágil - 11 Marzo, 2026
- Xoias para un ‘look’ total - 6 Febreiro, 2026
- Dez ideas de regalo local para este Nadal - 10 Decembro, 2025



