Freixo Rock, ‘La Ruina’, cine ‘freak’ e o aniversario de Vialia esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana vén cargada de eventos e plans para tódolos gustos e idades. Ademais de festivais, festexos e feiras, Vigo está cheo de espectáculos musicais e teatrais. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

Bala | P. Vázquez

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL – Venres e sábado a varias horas na Praza Elíptica – Desde 6,00 €

Do 19 ao 27 de setembro o cinema freak apodérase da Praza Elíptica de Vigo con ducias de actividades entre proxeccións da Selección Oficial, filmes homenaxeados, Pequefreak, proxeccións especiais, concurso de banda deseñada, mercado, exposición e mesas cadradas, entre outras.

DÍA DA POLICÍA – Toda a fin de semana en varios puntos da cidade – De balde

Este ano, Vigo acolle a celebración do Día da Policía. Con este motivo, entre o 25 de setembro e o 2 de outubro, teñen lugar varios actos e actividades en distintos puntos da cidade. Todos os días, o paseo marítimo do Porto Deportivo é o escenario da Exposición de medios, unha mostra de vehículos policiais (históricos e actuais) coa presenza da caballería e os guías caninos, entre outras unidades. Ademais, o sábado 27 de setembro, ás 11:00 h no Parque de Castrelos, será a Exhibición policial, demostracións operativas coa participación da unidade aérea, caballería, guías Caninos e máis.

FREIXXXO ROCK – Venres e sábado a varias horas no Freixo – De balde

O festival de rock gratuíto no barrio vigués do Freixo, o Freixo Rock, celebra o seu trinta aniversario cunha edición histórica os días 26 e 27 de setembro. Para conmemorar o espírito de apoio ao talento emerxente, característico deste evento desde os seus comezos, organizouse un concurso de bandas autoxestionadas. Deste certame, no que participaron máis de corenta grupos, extraéronse catro gañadores que forman parte do cartel oficial do festival, compartindo escenario con outros artistas máis consolidados como Bala, No Konforme, Kamikazes ou Os Vacalouras.

BILLY’S TOUR – Toda a fin de semana de 11:00 a 21:00 h no Hotel Bahía – De balde

Os días 26, 27 e 28 de setembro, o Billy’s Tour regresa a Vigo. Nesta ocasión, o Hotel Bahía acolle unha das paradas desta tenda valenciana especializada en roupa vintage, durante a súa xira nacional. O Billy’s Tour destaca por ofrecer prendas de marcas como Adidas, Levi’s, Nike, Lacoste, The North Face ou Carhartt ó prezo único de 9,00 €. A entrada ao evento é gratuíta e as primeiras vinte persoas en acudir teñen un agasallo asegurado.

VIALIA’S FESTIVAL – Venres e sábado a varias horas no CC Vialia – De balde

Os días 26 e 27 de setembro, o CC Vialia celebra o seu cuarto aniversario co Vialia’s Festival, dúas xornadas cheas de actividades, eventos, xogos e música en directo. O centro comercial sorprendeu co anuncio do concerto da popular banda dos noventa, Amistades Peligrosas. O dúo formado por Cristina del Valle e Alberto Comesaña, volveu xuntarse no ano 2020 e subirán ao escenario do Vialia o venres 26, para repasar os temas que lles deron a popularidade.

G-NIGHT 2025 – Venres a varias horas e en varios puntos da cidade – De balde

As rúas e espazos culturais de Vigo converteranse nun enorme laboratorio aberto para celebrar a G-Night 2025, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. Esta cita, que se desenvolve de maneira simultánea en centos de cidades europeas baixo o paraugas da European Researchers’ Night, busca achegar a ciencia á sociedade dun xeito lúdico, accesible e participativo. Ao longo da tarde e noite, as sete principais cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) converteranse en escenarios para a ciencia, con máis de 200 actividades abertas ao público que inclúen obradoiros, experimentos, andainas, charlas, exposicións e feiras científicas.

FAVEC FEST 2025 – Venres e sábado ás 17:30 h no Círculo Mercantil – De balde

O Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo acolle unha nova edición do Favec Fest, inspirada no mundo máxico de Alicia no país das marabillas (Lewis Carroll, 1865). Trátase dun encontro veciñal para todos os públicos, que conta con debates, desfiles de moda local, inchables e obradoiros para a cativada, presentacións de libros, mostras de baile, música en vivo, xantar e máis.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO TEATRO PERMANENTE – Venres ás 20:00 h no Teatro Permanente – De balde

O Teatro Permanente organiza unha semana de portas abertas nos seus obradoiros de práctica teatral, que concluirá o venres 26 de setembro cun pequeno evento de presentación da súa programación de artes escénicas para o derradeiro trimestre do ano. O acto terá lugar ás 20:00 h na sala da rúa Abeleira Menéndez núm. 7, no Casco Vello Alto de Vigo.

INERTTES – Venres ás 21:30 h na Fábrica de Chocolate – Desde 10,00 €

A banda de indie-rock viguesa Inerttes pon fin a cinco anos de silencio cun esperado concerto de regreso na Fábrica de Chocolate. Despois de dúas décadas de traxectoria na escena musical galega, o grupo volve á súa casa para reconectar co seu público, inaugurar unha nova etapa e demostrar que o seu espírito rockeiro, perigoso e ruidoso segue intacto. Un reencontro que promete ser histórico na escena viguesa.

LA RUINA – Sábado ás 20:00 h e domingo ás 18:00 h no Teatro Afundación – Desde 27,50 €

La Ruina é un show no que tanto asistentes como convidados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa, a típica anécdota que os amigos sempre piden que contes nas ceas. En La Ruina rimos, si, pero dalgunha maneira tamén facemos terapia de grupo ao ver que todos levamos un loser dentro. Os cómicos e guionistas Tomàs Fuentes e Ignasi Taltavull conducen o show, acompañados dun invitado que lles axudará a comentar as anécdotas desa noite. Cada show é diferente e impredicible, e cada vez conta con máis seguidores. Porque todos temos (como mínimo) unha ruína que o mundo merece escoitar.