CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Festival Salvamontes, Juan Davila e Guadi Galego na primeira fin de semana de Nadal en Vigo

O acendido das luces de Nadal acapara a atención mediática, pero esta fin de semana tamén hai música, humor, teatro e deporte en Vigo. Como cada xoves, traemos unha selección de dez plans; premendo no título de cada evento obtemos máis información sobre cada un deles. Para coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana consulta a axenda de A Movida.

‘POR FIN JUNTOS’ FACU DÍAZ E JAVIER MALDONADO – Venres ás 18:30 h e ás 21:00 h no Teatro García Barbón – Desde 16,00 €

Nunca deixaron de estar xuntos. O nome deste show non ten ningún tipo de sentido, pero así decidiron bautizalo os cómicos Facu Díaz e Miguel Maldonado, que percorrerán o país de punta a punta cargados de chanzas e chascarrillos para deleitar ao seu público. De novo, como sempre, cun ollo posto na actualidade e o outro na broma porque si.

‘EL PALACIO DEL PECADO’ CON JUAN DAVILA – Venres ás 21:00 h, sábado ás 18:00 h e ás 21:00 h e domingo ás 18:30 h no Auditorio Mar de Vigo – Entradas esgotadas

Un auténtico showman que vendeu a súa alma para crear o monólogo máis aloucado, divertido e imprevisible ao que nunca puideses asistir. É o mesías da improvisación. Sabe como comeza, pero o final sempre o decide o público. 

GUADI GALEGO – Venres ás 21:00 h no Teatro Salesianos – Gratis

Concerto enmarcado dentro da segunda edición do Festival VigoFem, organizado polo Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

FESTIVAL SALVAMONTES – Venres e sábado ás 21:00 h na Sala Rebullón – Desde 10,00 €

A Comunidade de Montes de Tameiga e a plataforma Ulloa Viva únense para celebrar o 15 e 16 de novembro o I Festival Salvamontes, o primeiro festival en defensa da terra. No evento participarán artistas galegos como Flow do Toxo, Son Iou ou Ruxe Ruxe.

SAN TOSIELO – Venres ás 21:30 h na Sala Doppler – Desde 15,00 €

San Tosielo nace da unión de Pavlo También e Blurred Mirror, dous artistas tinerfeños que se estableceron en Madrid, con backgrounds musicais diferentes ofrecen un proxecto de indie, bedroom pop moi fresco.

MAGOSTOS – Sábado e domingo en A Bouza, Teis e Cabral – Gratis

Continúa a degustación de castañas acompañada sempre de música e troula nos diferentes magostos que se celebran pola cidade. Esta fin de semana temos magosto na Bouza e en Teis o sábado e en Cabral o domingo.

SERAFÍN ZUBIRI E A LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA – Sábado ás 19:00 h e domingo ás 18:00 h na Asociación Veciñal de San Miguel de Oia – Desde 12,00 €

A Lira de San Miguel de Oia celebra o día de Santa Icía cun concerto único no que xunto a Serafín Zubiri farán un percorrido por tódolos éxitos de Nino Bravo.

ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL- Sábado ás 20:00 h na Porta do Sol – Gratis

Arranca o Nadal en Vigo co acendido das luces que terá lugar este sábado no punto cero da cidade. O acceso a zona do acendido estará restrinxido e delimítase un aforo máximo de 7.000 persoas.

Carlos Sadness – Sábado ás 21:30 h no hall do Teatro García Barbón – Entradas esgotadas

CAMELIAS NADAL

Os sons tropicais do artista catalán chegan a nosa cidade da man do ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos. Soarán os temas de Realismo Máxico, o novo e quinto álbum de estudo do barcelonés.

LA 21, MEDIA MARATÓN DE VIGO – Domingo ás 10:00 h desde o Vao ata o Náutico – Inscricións pechadas

Edición número 23 desta proba que ofrece a posibilidade de realizar a media maratón de 21km, a 10K Alejandro Gómez ou realizar a proba por equipos de relevos de dúas ou catro persoas. Aínda que xa non é posible anotarse podemos acudir a animar e dar folgos aos atletas!