BIBOPALULA

Festival de Cans, Romaría Lindy Queer e concerto de Jorge Pardo esta fin de semana en Vigo

Os festivais de Cans, Azul e Birraseto comparten fin de semana co aniversario da Fábrica de Chocolate, o concerto de Jorge Pardo e a romaría Lindy Queer, entre outras actividades. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

FESTIVAL DE CANS – xoves 22 a sábado 24 en Cans (Porriño) – Varios prezos

O Festival de Cans, celébrase na vila porriñesa homónima do martes 20 ao sábado 24. O programa inclñúe a proxección de curtametraxes galegas, coloquios, roteiros e moita música. Neste artigo falamos das cinco actividades imprescindibles.

FESTIVAL AZUL – Xoves 22 a domingo 25 no Porto de Vigo – Varios prezos

Festival de actividades náuticas como iniciación ao surf, vela e piragüismo, paseos en barco pola ría, visitas a embarcacións tradicionais, rutas interpretativas, obradoiros divulgativos sobre biodiversidade mariña ou showcookings.

BIRRASETO FEST – Xoves 22 a domingo 25 no Náutico – De balde

VI edición do festival dedicado á cervexa no que se poderán degustar áis de setenta tipos de cervexas artesás chegadas de Galicia e Madrid. Tamén haberá foodtrucks e concertos en sesión ‘beermú’ e tarde.

CONCERTO ‘ESCOITAR DESPOIS’ DE XISCO FEIJOO – Venres 23 ás 21:00 h no Salón Principal do Real Club Náutico – 2,00 €

Dentro do marco da exposición Escoitar: Arte, memoria e música para homenaxear ás mulleres do mar , que se inaugua ro mesmo día ás 18:00 h no Tinglado; o cantante, percusionista e bailarín Xisco Feijoo ofrecerá  unha actuación homenaxeando o talento e a resilencia das mulleres que sosteñen as redes do mar e da vida.

CONCERTO DE MERCHE – Venres 23 ás 20:30 no Teatro García Barbón – Desde 28,00 €

A coñecida cantante chega a Vigo co espectáculo ‘Gira Deluxe’, un espectáculo moi visual no que interpreta grandes éxitos da súa carreira como No me pidas más amor, Cal y arena y Eras tú.

CONCERTO DE THE RAPANTS – Venres 23 ás 21:30 h na Fábrica de Chocolate – Entradas esgotadas

A sala La Fábrica de Chocolate celebra esta fin de semana o seu 20 aniversario con concerto da banda de muros The Rapants o venres, Ortiga o sábado e Elisa Caliza musicando El gabinete del doctor Caligari o domingo.

The Rapants | Cedida

CONCERTO DE OLLO, LÓSTREGO! – Venres 23 ás 21:30 h en Radar Estudios – Desde 10,20 €

Despois de 3 anos desde o seu último traballo de estudio Hábitat a banda volta ós escenarios cun novo membro na formación e un novo disco baixo a brazo A inevitable Caída Dos Imperios. no que mesturan post-rock e rock progresivo con voces melódicas,e letras reflexivas, creando atmósferas sonoras que envolven ao ointe. 

ROMARÍA LINDY QUEER – Sábado 24 en Caixa de ritmos – Caixa inversa

Evento organizado orixinalmente por Mess Around Swing na Coruña no que aprender, compartir e desfrutar. Obradoiros de lindy hop, charlas e conversas e comida popular serán as principáis actividades que se desenvolverán en Caixa de Ritmos e ao aire libre.

TEATRO ‘A CÁMARA ESCURA’ – Sábado 24 e domingo 25 ás 20:00 h en Ártika – 11,00 €

A cámara escura é un retrato cru e necesario sobre o ciberacoso, o impacto emocional da exposición na adolescencia e a falta de madurez fronte ao uso das novas tecnoloxías.

CONCERTO JORGE PARDO – Domingo 25 ás 19:30 h no Teatro Salesianos – Desde 25,00 €

O aclamado flautista e saxofonista Jorge Pardo celebra medio século revolucionando a fusión entre flamenco e jazz cun concerto en Vigo. Foi integrante do sexteto de Paco de Lucía durante 30 anos e tamén gravou o mítico álbum La Leyenda del Tiempo con Camarón de la Isla en 1979.

REVISTA XUNHO
Jorge Pardo | Foto: José Caldeira