Festival de Cans, Millo Verde e festa en Balaídos esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana toca trasladarse ata Porriño para achegarse as novidades do cinema galego e a praia de Cesantes para gozar dunha nova edición do festival Millo Verde. Mentres, en Vigo celebraremos o fin de liga cos concertos de Baiuca e Dirty Suc e bailaremos ao ritmo de Andrés Suárez, OBK e 9Louro. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Festival de Cans. | Lara Alonso

FESTIVAL DE CANS – Venres a domingo en Cans (O Porriño) – Varios

ESCENICAS

O Festival de Cans proxectará máis de 100 obras e contará con 30 estreas e unha programación que recolle as reflexións da sociedade contemporánea. Na liña editorial do certame aparecen temáticas como o despoboamento, o medioambiente ou as narrativas LGTBIQ+, abordadas desde múltiples linguaxes e xéneros. Contará con numerosas actuacións musicais como De Ninghures, Arizona Baby, Nat Simóns e Aurora Beltrán, Alana, Balteira, The Homens, Laura LaMontagne ou Víctor Coyote.

FESTIVAL MILLO VERDE – Venres e sábado na praia de Cesantes – 18,00 €

Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival. Actuarán grupos como Pan de Capazo, La Chiva Gantiva, Carmen Xía, Rebeliom do Inframundo ou Catalina grande piñón pequeño.

EL SENTIDO DE LA BIRRA – Venres ás 21:00 h en El Palacio de la Oliva – Desde 22,40 €

En El Sentido de La Birra ao vivo, Ricardo Moya sobe ao escenario con invitados sorpresa que nos invitan a explorar, rir e reflexionar sobre temas que nos tocan a alma. Cada show é unha oportunidade única para conectar con historias que inspiran, desafian e fannos ver o mundo desde unha perspectiva diferente.

CONCERTO DE ANDRÉS SUÁREZ – Venres ás 21:00 h no Teatro García Barbón – Desde 27.50 €

O artista e compositor galego, considerado un dos máximos expoñentes da nova canción en español, chega a Vigo con ‘Lúa’, o seu décimo álbum de estudio e un dos máis persoais e íntimos ata o momento.’ A autenticidade, o carisma e a personalidade irresistible do artista fan do seu directo unha experiencia inesquecible, na que percorrerá as cancións do seu novo traballo xunto cos éxitos máis importantes que o acompañaron ao longo de toda a súa traxectoria.

XUNTANZA FIN DE TEMPADA DO CELTA – Sábado desde as 11:00 h en Balaídos – De balde

O Real Club Celta celebra unha gran festa este sábado en Balaídos previa ao último partido da Liga contra o Sevilla. Durante todo o día nos arredores ao estadio haberá actividades para os pequenos da casa, postos de gastronomía e música coas actuacións de Baiuca, Dirty Suc, Festicultures e Varacuncas.

TORREIROLAND – Sábado desde as 12:30 h en Coruxo – De balde

A comisión de festas da Virxe do Carme celebra a terceira edición do Torreiroland, cun cartaz que aúna música, xogos tradicionais, baile e, por suposto, gastronomía. Adolfo FH e Mambas Negras son algúns dos artistas que actuarán durante esta xornada.

‘EL GRAN SHOW DE EL REY LEÓN’ – Sábado ás 20:00 h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 25,00 €

Esta viaxe musical inspirada na obra clásica de Disney, é interpretado por un elenco de vinte artistas entre actores, bailaríns, cantantes, músicos e especialistas. Nunha viaxe chea de emoción e aprendizaxe, Simba, o novo protagonista atravesa a sabana acompañado de personaxes icónicos: Rafiki, Temón, Pataplún, Nala, as leoas e todos os animais do reino.

ÓPERA BADLANDS – Sábado ás 19:30 h no Vitruvia – 40,00 €

Vitruvia acolle por segunda vez a primeira ópera 360° de España, un thriller noir inmersivo composto polo músico vigués Brais González. O espectáculo conta con máis de 25 artistas en escena e sitúa ao espectador dentro da acción e combina a tensión do xénero negro coa forza da música lírica.

BARAFUNDA

OBK – Sábado ás 21:00 h no Teatro Afundación – Desde 12,00 €

OBK celebra 35 anos de traxectoria con ‘Vértigo Tour’, unha xira moi especial que percorrerá as principais cidades de España e onde o grupo máis importante da música electrónica deste país presentará os temas do seu novo álbum, incluído o seu exitoso primeiro lanzamento ‘Maldita Mujer’.

CONCERTO DE 9LOURO + TAÏN – Sábado ás 21:30 h en La Fábrica de Chocolate – Entradas esgotadas

As entradas esgotadas reflicten unha realidade: o artista galego 9Louro é un dos artistas revelación deste ano. Chega a Vigo dentro da súa xira ‘Amorrer’, a mestura de sons urbanos, electrónica e unha identidade propia están a posicionalo como unha das voces máis interesantes da escena actual. Nesta ocasión estará acompañado por Taïn como artista convidado.