Festas para despedir o 2025 en Vigo

Nas xornadas do 30 e 31 de decembro celébrasen ao longo e ancho da cidade multitude de festas para despedir o 2025 e recibir cos brazos abertos o 2026. Facemos unha compilación con algunhas das celebracións máis destacadas de Vigo.

Nadal en Vigo

Fin de ano familiar en Vialia – 30 de decembro ás 17:30 h. De balde.

Festa infantil de fin de ano no Centro Comercial Camelias – 31 de decembro ás 11:30 h. De balde.

Alameda Suárez Llanos en Bouzas – 30 de decembro ás 17:00 h. Coa actuación de Dj Piraña (17:00 h) e Los Coleguitas (19:00 h). De balde.

Sala Rebullón – 30 de decembro ás 22:00 h. Karaoke experience. De balde.

Pre-campanadas en Cíes – 31 de decembro de 11:00 h a 13:45 h. Piratas de Nabia propón que tomemos as doce uvas nunha das prais máis bonitas do mundo, a viaxe inclúe festa a bordo e visita ás illas. Entradas dispoñibles online 27,00 € adultos / 10,00 € nenos.

C. S. A Nubeira – 31 de decembro ás 12:00 h. Vermú máis panxoliñas. De balde.

A Revolta – 31 de decembro desde ás 12:00 h ata a tardiña. Vermú e festa de reapertura. De balde.

Petardeo de Nadal no Plaff – 31 de decembro desde ás 12:30 h. Tardevella con dame Estrellas DJ. De balde.

Cantina Candela – 31 de decembro as 19:00 h. No pub de Irmandiños buscan pandereiteiros, gaiteiros, bombeiros que queiran ir facer un pouco de ruido antes da gran remada do Rikitrí ás 21:00 h. De balde.

Máis de cinco mil corredores participarán o mércores 31 ás 12:00 h na carreira de San Silvestre con principio e fin na Porta do Sol. Na contorna do Casco Vello agárdase que ao igual que na tarde de Noiteboa, se reúna moita xente desde o mediodía para despedir o 2025 entre amigos.

Palacio de la Oliva – ás 21:00 h. Con opción a cea ou só festa. Entradas desde 85, 00 € (con barra libre).

Overdose Club Aghodelo na Sala Master – ás 00:30 h. Dúas salas: Sala Overdose con música urbana underground alternativa e Sala Aghodelo con música techno e derivados. 20,00 € (inclúe unha copa).

A la mierda 2025 en sala Kominsky – ás 00:30 h. Música a cargo de Rapante e Rapha. Entradas anticipadas 10,00 € (inclúe unha copa ou dúas cervexas).

Beade – ás 1:00 h. A comisión de festas de Santa Ana de Beade organiza unha gran festa con carpa exterior e os dj Charlie, Cacho e Fercho en Camiño Costa da Rúa, 7. De balde.

CRAC de Coruxo – ás 1:00. Con Dj Calimoncho, chocolate con churros ás 5:00 h. De balde.

Sala Doppler – ás 1:00 h. Dj Set con LLxnto, Elboy.94, Barros & Knuckles. Entradas anticipadas esgotadas.

Radar Estudios – ás 01:00. Con Bruno Baw e Bea Fernandes Djs. Entradas 20,00 € (inclúen dúas consumicións).

Origen – ás 1:00 h.  Coa música de Gabi, DJ Jossi e EKIX. Entradas anticipadas esgotadas.

Miau, Feliz 2026 –  ás 1:00 h. Cos DJs VRZ, Gabi e Jossi. Entradas anticipadas 25,00 € (dúas consumicións incluídas).

New Years Eve La Radio x Boom Boom Boom – ás 1:00 h. Con cotillón e música. Entradas 25,20 € (inclúe unha copa en cada local)

Rock the year en La Iguana – ás 1:30 h. Cos Djs residentes: KOMODO KIDS . Entradas 15,00 (incúe unha consumición) na billeteira.

REVISTA NADAL

New Mondo Year – ás 1:30 h. Dúas pistas de baile, inclúe acceso a after party. Entradas online desde 40,70 € (inclúen ata tres consumicións).