Todos os plans para pasar un Samaín terrorifícamente divertido en Vigo

Ampla oferta de plans para estes días de Samaín, entre o venres 31 de outubro e o domingo 2 de novembro. Desde Freixeiro ata o Berbés múltiples festas para toda a familia, obradoiros e espectáculos infantís desde o Casco Vello ata Cabral, ademáis de concertos, baile e andainas de terror.

Os barrios que celebran o Samaín

Son moitas as asociación veciñais que organizan diversos festexos para estas datas con obradoiros de cabazas, concursos de disfraces e pintacaras para nenos, ademáis de música, comida e bebida para os adultos. Barrios como o Calvario, Beade, Bouzas, Freixeiro, Valadares, Teis, Cabral, Matamá e Tameiga verán as súas rúas invadidas esta fin de semana por pantasmas e meigas.

Paseo da Santa Compaña polo Casco vello

Destacan festas como as do Berbés, onde a Santa Compaña sairá a pasear e pode que se una á foliada da noite. Pero para pasear tamén están os asistentes ás andainas de Bembrive e Beade, que terán que facer recorridos polo monte a escuras nunhas xornadas que teñen moito éxito todos os anos. Aqueles aos que o medo non lles quite a fame, teñen un plan interesante na festa xuvenil da Asociación Abertal que organiza un concurso de comidas con temática de Samaín para a mocidade de entre 14 e 25 anos.

Festas e actividades infantís

Moitas organización e espazos poñen aos máis pequenos no foco con obradoiros de cabazas, festa de disfraces e truco ou trato. Os centros comerciais de Camelias, Travesía ou A Laxe teñen todos actividades de balde para estes días, mentres a asociación da Zona Náutico fará concertos e espectáculos na Porta do Sol e Rosalía de Castro. Pola súa parte a Asociación de Veciños de Freixo organiza moitas actividades infantís para o venres, e un concurso de receitas de terror xunto a unha sesión de cine de defuntos o domingo.

Cartel do teatro de monicreques de Cabral

De balde é a función de monicreques con música que trae a Unión Musical de Cabral con A verdadeira historia de Pedro e o lobo. E para os pequenos máis inquedos artísticamente a escola de moda reciclada SUPRA LAB presenta un minicampamento de mañá con obradoiro de máscaras, cine e demáis xogos. Doutra banda os máis afoutos poden probarse na Plaza Elíptica co seu Tunel do Terror que conta con sesión para nenos (sempre acompañados claro).

Concertos e actividades para os maiores

Tamén hai eventos dirixidos as persoas adultas, teremos oportunidade de contactar cos espíritos a través da poesía e o teatro na Asociación Évame Oroza, que organiza unha sesión de espiritismo con recitais de poetas defuntos que tomarán o corpo dos vivos. Doutra banda o terror adulto pode ser tamén seductor no Creepy Circus Cabaret.

Cartel da Sesión de Espiritismo da Asociación Évame Oroza

A música ten tamén un papel protagonista estes días, nos que haberá xornadas para celebrar o Samaín con techno, electrónica e saltos por parte do Wake up Festival no IFEVI e da Overdose especial Halloween na Sala Masterclub. Eso si, a danza non será só con luces de neón, xa que o Liceo Marítimo de Bouzas tamén organiza unha cea con baile.

REVISTA NOVEMBRO

O samaín pode server para sacar o noso lado máis artístico, por exemplo da man de SUPRA LAB no obradoiro de peluxes, con cervexa incluida, e na Sala de Arte Apos’trophe cunha sesión de pintura, e viño incluido.